esp

Artículos recientes

21 OUFF Escola

/ Plazo de inscripción finalizado /

BASES VII CERTAME DE CINEMA

A Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF),en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o VII Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 21.ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, que se celebrará en 2016.

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da  Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”.

Chano Piñeiro

BASES

1. FINALIDADE DA CONVOCATORIA

O obxectivo desta convocatoria é regular o procedemento de aceptación e participación de proxectos audiovisuais no VII Certame de Cinema OUFF Escola convocado polas devanditas entidades.

2. PARTICIPANTES

Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2015-2016, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.

3. CATEGORÍAS

Estabelécense dúas categorías:

A) Infantil e primaria

B) Outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son)

4. CARACTERÍSTICAS DAS OBRAS

As obras deberán cumprir os seguintes requisitos:

  •  Todos os traballos estarán en lingua galega.
  • Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados, e non presentados con anterioridade a este certame.
  • Modalidades: ficción, documental, animación.
  • Duración: até 20 minutos, créditos incluídos.
  • A temática será libre.
  • Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
  • As obras presentaranse en formato dixital.
  • Cada traballo non deberá conter máis dunha obra e deberá estar en perfecto estado para a súa proxección.
  • Cada obra irá identificada co título, a duración e o centro de ensino de procedencia.
  • De apareceren menores de idade, deberán contar coa autorización paterna e/ou materna.
  • Calquera apropiación indebida de dereitos de autor –imaxe e son- ou incumprimento das bases desta convocatoria é responsabilidade directa do profesor/a ou titor/a.
  • Todo o proceso de creación da película (interpretación,dirección,guión) deberá ser realizado polo alumnado ou membros da comunidade escolar.

5. INSCRICIÓN NO CERTAME

A inscrición formalizarase enviando o cuestionario que aparece na sección de OUFF Escola da páxina web do Festival (www.ouff.org) antes do 1 de xullo 2016, totalmente cuberto e asinado polo profesor ou profesora responsábel do audiovisual.

O traballos e as inscricións enviaranse ao seguinte enderezo:

Concellería de Cultura

(OUFF Escola)

Praza de San Martiño, 2 1ª Planta

32005 – Ourense

6. XURADO

O xurado estará composto por 5 persoas. Tres membros do xurado serán nomeados pola Concellería de Cultura e dous membros serán nomeados pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica.

Os membros do xurado valorarán os seguintes criterios:

  • Calidade da obra
  • Orixinalidade do argumento
  • Autenticidade e calidade no uso da lingua
  • Potenciación de valores democráticos e de tolerancia
  • Uso creativo das novas tecnoloxías e das ferramentas de software libre

A DECISIÓN DO XURADO SERÁ INAPELÁBEL

As curtametraxes premiadas serán publicadas nos seguintes enderezos web:

  • www.ouff.org
  • www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion_linguistica

7. PREMIOS

OUFF Escola concederá os seguintes premios:

Categoría A

1.º Premio: seiscentos euros para o centro

2.º Premio:  catrocentos euros para o centro.

Premio Blanco Amor ao Mellor Guión:  trescentos euros.

Categoría B

1.º Premio: seiscentos euros para o centro.

2.º Premio:  catrocentos euros para o centro.

Premio Blanco Amor ao Mellor Guión:  trescentos euros.

A entrega de galardóns realizarase no marco do 21º Festival de Cine Internacional de Ourense, no cal se proxectarán os traballos gañadores nas salas cinematográficas vinculadas ao Festival.

Todas as obras presentadas recibirán un certificado acreditativo da súa participación.

Non se concederán premios ex aequo. De estimar o xurado que os traballos non reúnen a calidade suficiente, os premios poderán ficar desertos.

INFORMACIÓN ADICIONAL

A inscrición no VII Certame de Cinema OUFF Escola implicará a total aceptación destas bases polos participantes.

A interpretación destas, así como outros aspectos que poidan xurdir sen estaren contemplados nestas bases, serán competencia exclusiva do xurado.

A organización resérvase o dereito de poder exhibir os audiovisuais inscritos, con fins educativos e culturais, non comerciais e sen ánimo de lucro, en actividades como ciclos, cursos de cine, xornadas de promoción e outros.

Non se devolverán as copias dos traballos presentados.

Contacto

OUFF

Rúa da Canle nº 2 – 32004 Ourense, España

Apartado 664 – 32080 Ourense, España

(+34) 988 391 290

info@ouff.org


OUFF Escola

Ana Cacabelos  |  ani.cacabelos@ourense.es


Síguenos

Nombre (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaje