Aitor Gabilondo recibirá o Premio OUFF Televisión no Festival de Cine de Ourense

O Festival de Cine de Ourense, que se celebrará ata o 1 de outubro, decidiu outorgar o premio ficción audiovisual española. series de gran éxito como “Patria” ou “Vivir sin permiso”. O donostiarra asistirá ao festival para recoller o premio vindeiro xoves 29 de setembro no Teatro Principal da cidade, nun acto no que se estreará o primeiro capítulo da serie ‘Escándalo, relato de una obsesión’, realizada pola súa produtora para Mediaset España, na que tamén estarán Aurora Guerra, a súa creadora e produtora executiva; e Arantxa Écija, Directora de Ficción de Mediaset España.

Aitor Gabilondo é un dos showrunners máis destacados da produción audiovisual española, con máis de 20 anos de experiencia e unha longa lista de éxitos en televisión (‘El Príncipe’, ‘Vivir sin Permiso’, ‘Patria’ ou ‘Entrevías’). En 2017 fundou xunto a Mediaset España a produtora Alea Media, cuxas estreas máis recentes foron ‘Entrevías’, un éxito de público nacional e internacional; ‘Madres. Amor y vida’, con catro tempadas emitidas en Amazon Prime Video; ou ‘Besos al aire’, a primeira produción orixinal española ofrecida en exclusiva en Disney+. Actualmente está pendente a estrea de ‘Fuerza de Paz’, un thriller sobre un continxente militar que verá a luz en RTVE; ‘El Silencio’, un thriller producido en exclusiva para Netflix e ‘Escandalo, relato de un obsession’.

Escándalo, relato de una obsesión

‘Escándalo, relato de una obsesión’ conta cun elenco artístico encabezado por Alexandra Jiménez e Fernando Líndez, no que tamén Antonio, Víctor Duplá, Eve Ryan, Carlos Serrano, Alba Gutiérrez ou Celia Freijeiro, entre outros intérpretes.

Narra a historia de Inés, unha muller de 42 anos que, nun momento difícil, se mergulla no mar para acabar coa súa vida. O seu salvador é Hugo, un adolescente do que namora obsesivamente. No seu esforzo por que ninguén interfira nesta relación prohibida, Inés deixarase levar polos seus impulsos e non dubidará en tomar decisións que inevitablemente afectarán aos que a rodean, arrastrando a todo o seu entorno ata unha espiral de graves acontecementos.