REGULAMENTO DA 25ª EDICIÓN DO FESTIVAL  INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE (OUFF) PARA A COMPETICIÓN DE LONGAMETRAXES 

 

1/  OBXECTO

O Festival  Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que organiza a Fundación Carlos Velo, co patrocinio principal da Deputación de Ourense, ten como obxetivo fundamental ser un foro intercultural para a defensa, promoción  e coñecemento da cinematografía mundial de calidade.

2/ DATAS DE CELEBRACIÓN

O OUFF 2020 terá lugar do 25 de setembro o 3 de outubro.

3/ SEDE

                 Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF)

                      Centro Cultural Marcos Valcárcel

                      Rúa Progreso, 30

                      32003  Ourense (España)

                      Teléfono:  + 34 988 317 896

                      www.ouff.org

                      ouff@depourense.es

  4/ SECCIÓN 

Competición oficial de longametraxes.

5/ PARTICIPANTES

Poderán concursar as persoas físicas ou xurídicas  (produtoras, distribuidoras..) que posúan o debido control legal sobre as obras que presenten a competición.

6/ REQUERIMENTOS DAS PELÍCULAS

– Deberán estar producidas en 2019 ou 2020

– Poderán ser obras de ficción, animación ou  documentais.

– Non poderán terse exhibido nin editado comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais) , televisión, dvd ou vídeo antes do 25 de setembro de 2020. Tampoco en internet con acceso libre en España.

– As obras deberán ter unha duración superior os 60 minutos.

7/ COMO PARTICIPAR

A inscripción das películas para participar na sección oficial do festival será gratuita e deberá facerse polos seguintes canais:

– Plataformas on line: FESTHOME.COM e CLICKFORFESTIVALS.COM

– Páxina web do festival:  www.ouff.org, facilitando un enlace permanente de reproducción coa contraseña correspondente e cumprimentando o boletín de inscripción que figura na mesma.  A persoa firmante deste boletín será o único interlocutor válido co festival.

– Tamén poden ser enviadas físicamente en DVD ou Blu-Ray á seguinte dirección: 

               Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF2020)

               Centro Cultural Marcos Valcárcel

              Rúa Progreso, 30. 

             32003 Ourense (España)

– O prazo de recepción de películas rematará o 14 de agosto de 2020.

– A dirección do Festival reservase o dereito de poder seleccionar títulos que cheguen  fora de prazo. 

8/ SELECCIÓN

Unha comisión nomeada pola  organización será a encargada de invitar  ás películas que competirán na sección oficial do certame.

9/ OBRIGAS DOS SELECCIONADOS

Os participantes cuxas películas sexan seleccionadas para a sección competitiva deberán cumprir as seguintes disposicións:

 – A total aceptación das presentes bases.

– Cesión dos dereitos  para a exhibición pública das súas películas. 

– Autorización para divulgar materiais das películas inscritas (fotogramas, carteis, fichas, fragmentos do guión, textos de prensa, etc.). Os participantes autorizan a difusión de até tres minutos de imaxes das devanditas películas en calquera medio de comunicación.

Aceptación de que, no caso de obteren algún dos premios outorgados na competición, incluirán unha referencia escrita de forma obrigatoria e inescusable da concesión do devandito premio ao comezo de todas e cada unha das copias da película que distribúan para a súa exhibición en salas comerciais e/ou en certames audiovisuais, así como en todo o material informativo e promocional impreso (press- books, carteis, etc.). 

– Deberán  facilitar á organización todo o material que se lle solicite (carteis, press book, fotografías, listado de diálogos, etcétera.

– Facilitarán á organización a copia de proxección e una copia de seguridade en Blu-Ray.

– Asumirán os custos de transporte do envío das copias ata Ourense, incluídos os impostos de alfándega correspondentes, que serán pagados pola persoa ou entidade que inscribise a película. Na etiqueta do envío deberá especificarse o texto seguinte: “Para usos culturais soamente / Sen valor comercial”.

– Non poderán  retirar a película da programación nin a presentarán comercialmente en España antes da súa proxección no OUFF.

– A copia deberá estar en poder do festival  antes do 10 de setembro de 2020.

– Ceder, no caso de que a organización o solicite, unha copia da película premiada para que forme parte do arquivo do certame, que só poderá utilizala para fins de carácter cultural e sen ánimo de lucro. 

– A persoa ou entidade que presenta a película seleccionada comprometese a que asistan o festival representantes do equipo técnico ou artístico.  

– Os datos de carácter persoal das persoas participantes incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento da Deputación Provincial de Ourense, e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento, de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e coa Lei Orgánica 3/2018, de protección de datos de carácter persoal e de garantía dos dereitos dixitais. A lexitimación do tratamento baséase no cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público. O prazo de conservación dos datos será o legalmente previsto. Os datos solicitados únicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto nas presentes bases e/ou na citada lexislación. As persoas cuxos datos persoais sexan tratados por esta Administración poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a DPO@depourense.es. Así mesmo, tamén teñen dereito a presentar unha reclamación #ante a Axencia Española de Protección de Datos.

10/ EXHIBICIÓN

– As proxeccións da competición de longametraxes faranse en sistema DCP -que cumpla a normativa internacional DCI- ou no formato que considere o Festival.

– As produtoras ou distribuidoras que inscriban a película deberán facilitar as KDM para os servidores das sedes do festival, correndo os gastos por conta delas.

– Durante a celebración do certame a organización resérvase o dereito de exhibir as películas seleccionadas nas salas cinematográficas e espazos vencellados a este Festival un máximo de catro sesións. A organización establecerá a orde, data e horario de exhibición.

– As películas deberán permanecer en poder do festival para a súa exhibición ata o seu remate.

– As obras gañadoras serán proxectadas, nun pase especial, o día seguinte o remate do certame.

11/  XURADO

– Os premios da competición oficial de longametraxes serán outorgados por un xurado, designado pola organización entre profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, medios de comunicación e cultura .

– O xurado non poderá declarar deserto ningún premio nin concedelo Ex Aequo.

– O xurado poderá conceder as mencións especiais (sen dotación económica) que considere oportunas.

– O xurado podería outorgar excepcionalmente unha única vez dous premios a unha mesma película.

– As decisións do xurado serán inapelables.

12/  PREMIOS

– O xurado da competición  oficial de longametraxes outorgará os seguintes cinco galardóns:

*  Calpurnia a mellor película dotado con  12.000 euros e trofeo

*  Premio Carlos Velo á mellor dirección: 2.000 euros e trofeo

*  Premio Especial do Xurado: trofeo

*  Premio ao mellor guión: trofeo

* Premio a mellor interpretación: trofeo

– O  festival concederá tamén catro premios máis:

*  Premio do Público: trofeo. Concederáse o filme da competición oficial de longametraxes que obteña unha maior puntuación ponderada en función dos votos emitidos polos espectadores tralas proxeccións. 

* Premio Xacobeo: 12.000 euros e trofeo. Será outorgado por unha comisión formada por membros da organización do OUFF, Deputación de Ourense e a Xunta á  mellor obra con producción ou coproducción galega de todo o festival. 

* Premio Especial Eduardo Barreiros: 2.000 euros e trofeo. Outorgaráse  pola organización á mellor opera prima do cinema español estreada entre setembro de 2019 e setembro de 2020.

*Premio CIMA: Concédeo  a Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) á mellor directora da sección oficial.

  • SECCIÓN OFICIAL: A dotación económica dos premios corresponderá íntegramente á distribuidora o produtora que presentara a película, coa excepción dos premios a mellor dirección, guión e interpretación que serán para as persoas físicas que resulten gañadoras.  
  • PREMIO XACOBEO: O montante económico do premio concederase ao director ou directora do filme gañador.
  • PREMIO ESPECIAL EDUARDO BARREIROS:  A dotación económica será para o director ou directora da película gañadora.

En tódolos casos as retencións fiscais e outros gastos en que se poida incorrer á entrega dos premios en metálico serán deducidos destes, co que o montante final variara dependendo das condicións establecidas por cada país e da forma en que se realice o pagamento.

13/  PREMIADOS: PRESENZA NA GALA DE CLAUSURA

Os galardoados deberán estar presentes na gala de clausura do festival para recoller o premio. De non poder asistir deberán xustificar a súa ausencia por causas de forza maior, do contrario a organización entenderá que o premiado renuncia tanto o premio en metálico como o trofeo correspondente.

14/  RESOLUCIÓN FINAL

A dúbidas que podan xurdir sobre a interpretación destas bases, así como os conflictos que puideran producirse derivados da súa aplicación, en canto á organización ou funcionamento, serán competencia exclusiva da organización do festival. A versión decisiva deste  regulamento para calquer dúbida será a española.

oCntra este acordo pódese interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Xunta de Goberno desta Deputación, no prazo de 1 mes, como trámite previo ao contencioso-administrativo, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado Provincial do Contencioso-Administrativo, no prazo de 2 meses, sen que se poidan compaxinar ambos os recursos. Os prazos indicados computaranse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
En todo caso, poderá interpoñerse calquera outro recurso que se estime procedente.