Aberta a convocatoria da décima edición do OUFF Escola

cartel-ouff-escola

A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o X Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 24.ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará en 2019.

O Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura dar formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

Podes consultar as bases completas do certame AQUÍ.

Ficha de inscrición