A curta “Non me espera ninguén” estrease na clausura do OUFF

 

  • Ángel de la Cruz presentou o filme que servirá de clausura do Festival de Cine de Ourense

  • No primeiro traballo como directora de Amanda Ortega, Ourense xoga un papel moi importante

 

A curtametraxe “No me espera ninguén”, primer traballo como directora de Amanda Ortega, estréase na gala de clausura do 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense. Xunto a proxección de “Luarada”, ambas pezas serán o punto e final dunha edición con profundo selo ourensán tanto nas figuras seleccionadas para homenaxear como nas películas de apertura e peche, rodadas en parte ou íntegramente en Ourense.

Ángel de la Cruz, produtor e guionista, comentaba que “fai dous meses xustos estabamos rodando nos Peares e hoxe estamos no mellor sitio para estreala”. Os dous escenarios principais da curta eran un apeadoiro do tren e un museo “e a directora quería contar con Morris, que tempo atrás me descubrira Os Peares. Logo aquí no Centro Cultural Marcos Valcárcel descubrimos que había unha exposición de trens en miniatura e vimos que todo casaba á perfección”.

A proxección desta noite será unha estrea total xa que, como asegurou Ángel de la Cruz, “nin sequera os membros do equipo puidemos vela en pantalla grande. Estamos moi agradecidos tanto a Deputación como ao festival polo seu apoio”.

Unha curta de amor

“Non me espera ninguén” é unha comedia romántica protagonizada por Antonio Durán Morris e Isabel Blanco, baseada nun conto de José Antonio Pastor. A peza conta coa produción de Ézaro Films, comandada por José Montero xunto co gañador de varios Premios Goya, Ángel de la Cruz, que asina tamén o guión. 

O apeadoiro do ferrocarril dos Peares ou a salas de exposición dos trens eléctricos en miniatura do Centro Cultural Marcos Valcárcel serviron de escenario para a curta dirixida por Amanda Ortega que por primeira vez chega á pantalla grande.