A gala inaugural, en directo!

Directo gala
  • A 26 edición do Ourense Film Festival chega ao seu fin!

Ourense, 1 de outubro– A 26 edición do Ourense Film Festival chega ao seu fun. Se non queres perder detalle da gala de clausura, podes seguir en directo todo o que ocorra no Auditorio Municipal desde a seguinte conexión streaming.

Segue a cita co cinema desde a casa. Lembra que nesta gala serán sete os premios do palmarés oficial que se entregarán ademais da proxección de Live is life, de Dani de la Torre, como película de peche.

Non perdas detalle!

O domingo despedimos 10 días de cinema coa proxección de tres das películas premiadas, con entrada gratuíta. As entradas pódense retirar na Ataquilla ou o domingo, fisicamente, no Teatro Principal unha hora antes de cada proxección. Só se entregarán entradas para cada proxección e un máximo de dúas por persoa.