As exposicións complementan o fenómeno audiovisual e cinematográfico, por canto axudan a visibilizar diante da sociedade os aspectos que non se amosan na pantalla. Forman parte tamén da oferta lúdica dun festival que non se limita só a proxección de filmes. O OUFF retoma unha liña de produccións propias que, en moitos dos casos, terán percorrido por outros lugares alleos á cidade que acolle o cerne de cada OUFF durante uns días determinados do ano. Desa maneira o OUFF espállase e descentralízase nunha vontade claramente divulgadora e difusora.

“O RETRATO MAIOR DO NOSO CINE”

Un proxecto desde o que o artista plasma a toda unha xeración de homes e mulleres considerada xa pioneira na conformación do cinema galego contemporáneo. Retratos de actrices e actores concebidos como un gran homenaxe visualos que foron protagonistas tanto a comezos heroicos do noso cine nos anos 70 como, xa en clave profesional, das primeiras e fundacionais longametraxes e que, na actualidade con unánime recoñecemento e esplendor, seguen presentes e activas na consolidación das novas linguaxes cinematográficas hoxe tan asentadas nos formatos televisivos.

XULIO GIL

Ourense (1954), é un contrastado referente da fotografía galega contemporánea tras unha longa traxectoria que comenzará nos anos 80. Ten publicada a súa obra en distintas monografías que significaron no momento da súa edición unha celebrada renovación da linguaxe fotográfica. A súa obra está presente en museos, institucións e colección privadas galegas.

LUGAR

Centro Cultural Marcos Valcárcel