Cartel Fas Muvis 2019

Fas Muvis – Límite 48 h. é un concurso por equipos para a realización dunha peza audiovisual cunha duración determinada durante un tempo limitado. Cada equipo terá un orzamento pechado para a realización da obra. Este ano haberá dúas categorías: FAS MUVIS e FAS MUVIS ESCOLA.

Haberá un máximo de 10 equipos competindo. Sete en FAS MUVIS e tres en FAS MUVIS ESCOLA. Cada equipo estará formado por un máximo de 5 membros que non poderán ser maiores de 28 anos no caso das FAS MUVIS e de 16 a 22 anos para FAS MUVIS ESCOLA.

Esta categoría, novidade deste ano, está orientado a alumnos de Bacharelato e FP. Será necesario a presenza de dous persoas maiores de idade por equipo ou dun docente responsable.

O proxecto proposto deberá estar relacionado coa cidade de Ourense. Deberá destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais da contorna. Así mesmo, valorarase favorablemente a transmisión de valores sociais positivos tales coma igualdade, a non discriminación, etc.

Premios

Haberá un primeiro premio de 600 € na categoría FAS MUVIS e un segundo de 200 € para as obras audiovisuais que, segundo a valoración do xurado, mellor se adapten a estas bases.

Na categoría de FAS MUVIS ESCOLA haberá un único premio de 400 euros.

Bases do concurso Fas Muvis 2019. Límite 48h. Edición OUFF 2019