Cinco películas forman a planificación especial de Inédito en Ourense

  • Poderán verse en Ourense filmes como La boda de Rosa, La verdad ou La profesora de Piano

  • Por tercer ano consecutivo, OUFF en curto proxectará 15 curtametraxes a competición

Proxeccións que non chegaron a Ourense, curtametraxes coma expresión do audiovisual galego. O 25 aniversario do Festival de Cine en Ourense non esquece a súa aposta polo cinema alonxado das esferas comerciais seguindo así a estela de quen fora o fundador do OUFF, Eloy Lozano.

Un total de cinco películas forman o ciclo Inédito en Ourense, unha das seccións máis lonxevas do certame no que se poderán ver filmes procedentes doutros festivais que chegan a Ourense para ser proxectados fóra de competición.

La boda de Rosa. Icíar Bollaín (Madrid, 1967). Premio Especial do Xurado no Festival de Málaga, La boda de Rosa es el último trabajo de Icíar Bollaín con Candela Peña como protagonista, actriz coa que xa traballou na súa primeira longametraxe “Hola, ¿estás sola?” (1995). A directora madrileña adéntrase de novo no xénero da traxicomedia como xa fixera coa comedia dramática “Flores de otro mundo”. O seu éxito como directora chegou no 2003 co drama “Te doy mis ojos”, polo que gañou o Goya como mellor directora. En 2007, rodou “Mataharis” e dous anos despois, “También la lluvia”, protagonizada por Luis Tosar e Gael García Bernal.

Un blanco, blanco día (Hvítur, Hvítur Dagur). Hlynur Pálmason (Hornafjörður/Islandia, 1984). Tras pasar en 2019 polos Premios del Cine Europeo e a sección oficial do Festival de Gijón, chega a Ourense o filme dirixido por Hlynur Pálmason. A primeira longametraxe de Pálmason, “Winter Brothers”, estreouse mundialmente na competición principal do Festival de Cinema de Locarno en 2017, onde gañou 4 premios. Dende entón, proxectouse en máis de 20 países e continuou o seu éxito en festivais, gañando máis de 30 premios. A súa segunda longametraxe “A White, White Day” foi seleccionada na 58 edición da Semana da Crítica de Cannes.

La profesora de piano (Lara). Jan Ole Gerster (Hagen/Alemania, 1978).  A terceira longametraxe do director e guionista alemán ven de ser nominada como mellor película nos Premios del Cine Alemán e acadou o premio especial do xurado e o de mellor actriz (Corinna Harfouch) no Festival de Karlovy Vary. Jan Ole Gerster comezou a filmar na súa película o seu debut “Oh boy” no verán de 2010 pola que obtivo numerosos premios nacionais e internacionais, entre eles o Premio do Público e do Xurado no Festival Premiers Plans d’Angers e no Tallinn IFF, seis premios do cine alemán (incluído o de mellor director, mellor guión e mellor película) e o premio de cine europeo á mellor película debut. 

La verdad (La verité). Hirokazu Koreeda (Tokio, 1962). Catherine Deneuve, Juliette Binoche, Ethan Hawke… ás ordes de Hirokazu Koreeda protagonizan a historia de Fabienne, unha estrela de cine francesa que publica as súas memorias. A película inaugural do Festival de Venecia 2019 é unha coprodución Francia- Xapón que se suma á filmografía do director e guionista xaponés. A súa primeira longametraxe de ficción foi “Maboroshi No Hikari” (1995), unha película psicolóxica protagonizada por Makiko Esumi e gañou a Palme d’Or no Festival de Cannes por “Un Asunto De Familia” (2018). As súas películas son meditacións reflexivas, sobrias e líricas que abordan temas como a familia, morte e memoria.

Noches Mágicas (Notti magiche). Paolo Virzi (Livorno/Italia, 1964). A proposta de Paolo Virzi, que pasou pola sección oficial da Seminci en 2018, é o último dos cinco filmes que forman parte do ciclo Inédito en Ourense. Virci conta cunha traxectsoria na que detacan premios como o Ciak d’Oro, o Nastro d’Argento e o David di Donatello ao mellor novo director co seu primeiro filme “La bella vita”, “Ovosodo” (Gran Premio do Xurado en Venecia) e o seu penúltimo título, “Tutta la vita davanti”, recibiu dous Nastri d’Argento (á mellor película e mellor papel secundario para Sabrina Ferilli).

OUFF en curto

Co obxectivo de estimular a curtametraxe en Galicia como expresión básica da creación audiovisual, a sección OUFF en curto coordinada por Miguel Grandío xunto con Laura Guizán, trae a Ourense o mellor do panorama galego de curtametraxes. As 15 pezas seleccionadas poderán verse de balde e en pantalla grande, agrupadas en tres bloques:

Bloque 1: Mare, La penumbra, Conte Trencat, Selected Milk, Mentres iso pasa.

Bloque 2: To the sea, Onde dormen as gaivotas, Los que no sienten, A quién dices amar, Cuestión de autoridad.

Bloque 3: La última cena, La luz del camino, Postre, Papá, por que quitas a música?, Solo son peces.

A terceira edición do OUFF en curto contará tamén cun xurado de excepción que evaluará as 15 cintas a competición. Simone Saibene, Jose Aragunde e Aida Cobas asumen o reto nunha edición especial marcada pola celebración do 25 aniversario do festival e a restriccións impostas pola situación sanitaria actual.