Jurado OUFF 2024
JURADO INTERNACIONAL
Elisa Santos
Vive e traballa en Viana do Castelo. Frecuentou a Escola Artística de Soares dos Reis, e en 1995 concluíu a Licenciatura en Deseño e Comunicación e Artes Gráficas pola Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto. Actualmente desenvolve a súa actividade de docente de artes visuais no 3o ciclo e no secundario. Como profesora e deseñadora, ten sido colaboradora activa en diversos proxectos multidisciplinares e programas de creación artística e intercambios culturais. Descubriu a súa paixón pola fotografía durante a formación en Belas Artes. Artista autodidacta, usa a fotografía como forma de expresión da súa visión do mundo, para contar historias e explorar conexións visuais e sensoriais nun proceso creativo que está en plena evolución. Como compoñente do colectivo «Ao Norte, Associação de Produção e Animação Audiovisual», participa na organización, entre outros, dos Encontros de Viana, Cinema e Vídeo e do MDOC (Festival Internacional de Documentário de Melgaço).
José Antonio Pastor
Despois de licenciarse en Dereito na Universidade de Deusto, buscouse a vida no que quixo ser desde que era un neno, cando escondido vía as películas de Mankiewicz, Lubitsch, Wilder, etc. Chegou a Madrid para incribirse en Cinematografía na Escola TAI (1991-1993). Ao mesmo tempo, tamén empezou a traballar no Departamento de Produción de diferentes produtoras de cinema e televisión, desde meritorio ata xefe de produción, quince anos nese departamento maldito, que non maldito departamento. En 2001 empezou a compaxinalo coa escritura de guións. Foi finalista do Premio Pilar Miró de guións para televisión (2002 e 2003), con dous libretos distintos. No ano 2007 foi bolseiro polo Nipkow Programm Berlín para o desenvolvemento do proxecto argumental Sumo ́s Narrativa. En 2013 produciuse para a pequena pantalla o seu guión Todos os Santos pola produtora Artemática e a CRTVG. Despois, a aventura dominicana, con máis de dez películas estreadas ata 2019, participando entre outras nas producións Mañana no te olvides, Colao, Que León e Malpaso, esta última seleccionada para o festival de Málaga 2020 en Sección Oficial. Actualmente escribe guións para programas da TVG coa produtora Ensenada De Ézaro Films. Todo isto compaxinado con primeiros pasos no mundo da novela, guías históricas e relatos breves. E segue aprendendo.
Mariana Carballal
Mariana Fernández Pérez, coñecida como Mariana Carballal é Licenciada pola Real Escola Superior de Arte Dramática (1983), Posgrao en estudos teatrais pola Universidade da Coruña (2002). Posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Expresión corporal, Teatro e Sociedade pola Universidade da Coruña (2006) e o de Dirección de Actores pola Universidade de San Antonio dos Baños (Cuba) (2007). Nos inicios da súa carreira como intérprete dedicouse intensamente ao teatro, traballando co Teatro de Cámara de Madrid, o Teatro Yeses (Teatro do Cárcere de Elena Cánovas) e co Centro Dramático Galego. Esta dedicación decrece paulatinamente a medida que aumenta a súa actividade cinematográfica, televisiva e docente. Interveu nunha trintena de películas. Non menos importante foi e é o seu labor docente. Nestes momentos é profesora de Dirección Escénica na Universidade de Vigo e de Interpretación e Interpretación para Cámara na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG). Na actualidade implementa o proxecto Orballo: A outra Ollada. Audiovisual con perspectiva de xénero en IES da Provincia de Ourense, despois da súa presentación nos Festivais de Cans e OUFF. En 2004 recibiu o premio Galicia en Feminino outorgado pola Xunta de Galicia. En 2023 recibe o premio 8-M da Deputación de Ourense que recoñece unha «traxectoria referencial no audiovisual galego e na loita pola igualdade» e o OUFF Ourense ese mesmo ano.
Luis Avilés Baquero
Formado en Dirección e Montaxe no CECC (Centre d ́Estudis Cinematográfics de Catalunya). Foi realizador de programas de TV como Criaturas e Casamos de Televisión de Galicia, ambos líderes de audiencia nas súas respectivas franxas. Director e guionista da curtametraxe A subela (2003) escollido pola Xunta de Galicia para a difusión do audiovisual galego no exterior e presente nun centenar de festivais. Director da longametraxe Retornos (2010) para Vaca Films, estreado comercialmente en España e Arxentina, presente nos festivais de Montreal, Valladolid e Sao Paulo, ademais de gañador de dous premios Mestre Mateo. Director da moi galardoada curta Unary (2015), Mestre Mateo á Mellor da categoría, ademais de seleccionado en varios festivais. Codirector e guionista da longametraxe documental Os días afogados (2015), Mestre Mateo, ademais doutros premios e seleccións, mesmo en certames internacionais. Director e guionista do documental Idénticas (2019), tamén Mestre Mateo. Director da serie documental Operación Marea Negra: a travesía suicida (2022), de Ficción Producciones para Amazon Prime. Director da longametraxe +Cuñados (2023) de Portocabo, e da sitcom Ghuasapp de CTV para TVG. Foi Membro fundador do colectivo audiovisual Punto de Xiro creador da Mostra de Curtametraxes Vila de Noia.
JURADO PANORAMA GALICIA
Victoria Teijeiro
Actriz, autora e produtora. Licenciada na RESAD de Madrid e diplomada na Escola de Mar Navarro é doutora en artes escénicas e inclusión social pola UAM. Traballa como actriz de teatro para o Centro Dramático Nacional, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, Factoría Teatro, ou Ibuprofeno Teatro. En audiovisual participa en series como Rapa, Un Asunto Privado, Fariña, Aída, Cuéntame, Chapa e Pintura, A Lei de Santos, entre outros. E nas seguintes longametraxes: Antes de Nós, de Ángeles Huerta, La Deuda, de Daniel Guzmán, Nowhere, de Albert Pintou, A Illa das mentiras, de Paula Cons e Esperando Septiembre, de Tina Oliveirais. Como produtora, funda en 2006 A Quintana Teatro onde aborda temáticas sociais a través da investigación a pé de rúa. Coautora de varios textos teatrais, actualmente coescribe a longametraxe Villamiseria xunto a Paula Cons seleccionada no Laboratorio da Fundación SGAE e no laboratorio I+P Incuba do Clúster Audiovisual Galego.
Fernando Redondo Neira
Profesor titular no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola mesma universidade. Autor dos libros Carlos Velo. Itinerarios do documental nos anos trinta, e Os amorodos de Bergman (Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018), coordinador do volume Cidadanía e Documental. Ten publicados capítulos en varios libros colectivos, entre eles os catro primeiros da serie Para unha historia do cinema en lingua galega. Publicou artigos sobre cine e sobre comunicación audiovisual en revistas académicas como Estudios sobre el Mensaje Periodístico; Signa. Revista de la Asociación Española de Semiótica; L’Atalante. Revista de Estudios Cinematográficos; ZER. Revista de Estudios de Comunicación, Historia Social y de la Educación ou Latin American Perspectives. Premio María Luz Morales de Ensaios Cinematográficos outorgado pola Academia Galega do Audiovisual e Premio Manuel Reimóndez Portela de Xornalismo. Membro da Asociación Galega de Investigadores da Comunicación (AGACOM) e do Centro de Estudos Filmicos da USC (CEFILMUS).
Laura Miragaya López
Monforte de Lemos, 1974. Licenciada en Ciencias da Información: Imaxe e Son pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa traxectoria profesional na produción cinematográfica da man de Joan Andreu no ano 1996, para especializarse despois no equipo de cámara con Jordi Monferrer e Enric Daví. Anos despois pasou á realización de TV en diversas empresas audiovisuais de Valencia (Nissa, Indigo Media, Malvarrosa Media, Trivisión), Madrid (Brothers & Sisters) e Barcelona, ao mesmo tempo que seguiu traballando esporádicamente en cinema documental, publicidade, e producións coma axudante de dirección: Dominicana: la tierra prometida, de Salvador Dolz, 69 canas al aire de Yean Ives Bloch, ou a obra Mujeres por la Paz, no teatro Olympia de Valencia con artistas coma Irene Papas ou Nuria Spert.
Diana Gonçalves Domínguez
Despois de licenciarse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo (2008), produce e dirixe o que será o seu documental máis coñecido, Mulleres da Raia (2009). Posteriormente traballa como realizadora de televisión do programa Ben Falado para Televisión de Galicia. No eido da produción, colabora con AGADIC no deseño e organización de varios encontros do programa CREATIVA, para promover o intercambio cultural multidisciplinar entre España e Portugal. Continúa a súa traxectoria no estudio de son Cinemar Films. Como programadora, destaca o deseño e coordinación da retrospectiva documental «Carlos Velo: Ollar á marxe», no festival Filminho. Promove e dirixe varios talleres nos centros escolares de Galicia e Norte de Portugal. Durante cinco anos participa no laboratorio documental El Retrato Filmado (coordinado por Marta Andreu) no que dirixe 5 curtas documentais: Retrato Encuentro (2009), Retrato Memoria (2010), Retrato Deriva (2011), Retrato Paisaje (2012), Retrato Espejo (2013).
JURADO OUFF EN CURTO
Alba Araújo
Alba Araújo (Ourense, 1985) guionista e doutoranda en Comunicación Audiovisual. Guionista de O Faro, Ghuasapp, Motel Valkirias ou Malo será entre outros proxectos. Actualmente, traballa no departamento de desenvolvemento da produtora CTV.
Dani Antelo
Licenciado en Comunicación Audiovisual, especializado en Novas Narrativas. Ten sido profesor coordinador da Escola Toulouse Lautrec (2017-2019; Lima, Perú) e Profesor das materias de Guión para storytelling e Narrativas Transmedia na UPN (2019; Lima, Perú) e Profesor do EAV (2023-2024; Vigo, Galicia). Na actualidade dirixe o JBF-Filmes Atlánticos & Novos Medios (Festival de Cinema de Marín).
Ángela Andrada
Actriz e guionista, conta con experiencia en diferentes formatos. Entre os seus traballos como guionista, destacan a ficción sonora, El hackeo, ou as curtas, A rabia, ou Adeus, Berta, que tamén coprotagonizou. Esta última conta cunha versión de longametraxe, que recibiu o ano pasado o premio Julio Alejandro de guión.
JURADO DE FAS MUVIS
Raquel Meleiro
Raquel Meleiro (Vigo, 1988) actriz. Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo. Posteriormente trasladouse a Madrid onde estudiou Interpretación Cinematográfica na ECAM e comezou a traballar en series de tv como Amar es para siempre, Olmos y Robles, Cuerpo de élite e programas como Luar da TVG. Compaxinando a súa carreira actoral con traballos como realizadora e comunicadora. No 2023 decide dar o salto, escribir e dirixir a súa primeira curtametraxe.
Javi Camino
Javi Camino (Santiago de Compostela, 1982) Director, guionista e montador. Apaixonado do cine, especialmente do terror e a serie B. Unha paixón que o leva a intentar gravar as súas fantasías, sempre con máis ganas que medios. Así naceron La Consulta del dr Natalio, ¡Maldito Bastardo! ou a longa Jacinto. Fixo produción audiovisual e quentou cadeiras nas facultades de psicoloxía e xornalismo ata que funda a produtora Magnetova Entertainment. Unha entelequia audiovisual especializada en vídeos musicais, curtas e contidos para internet.
Cristela Torres
Cristela Torres (A Illa de Arousa, 1995) produtora. Produce Amnesia 3.0 (Irene Pin, 2020-22), a primeira serie interactiva en galego, nomeada aos Premios Mestre Mateo, gañadora do Premio a Mellor Piloto de Ficción Nacional no FECICAM. En 2024 crea a produtora Brava ca que produce os programas A Previa e Raíña-me! Ademais, produce a segunda temporada da serie Pringadas para a CRTVG e coproduce A Moza que Abortou e o Contou que vén de recibir o premio a Mellor Webserie no John Balan Fest.
JURADO CIMA
Cris Iglesias
Comezou o seu perco- rrido profesional formando parte da compañía Chéve- re co espectáculo Eroski Paraíso, dirixido por Xron. Foi nomeada aos premios María Casares por este e outros proxectos como o espectáculo Liberto, dirixido por Tamara Cano- sa. Despois de interpretar a Leticia Charlín na serie Fariña, formou parte do elenco da versión teatral da mesma dirixida por Tito Asorey. Debutou no cinema con Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira, película á que lle seguiron Ons, de Alfonso Zarauza e Tres, de Juanjo Giménez. Doutra banda, protagoni- zou a curtametraxe 16 de decembro, que lle valeu varios recoñecementos –no Festival Alcine, Santurzi e Feciso–. Recentemente, estreou Salta!, dirixida por Olga Osorio e Tratamos de- masiado bien a las mujeres, de Clara Bilbao. En televi- sión, participou en series como Clanes, de Netflix; a mencionada Fariña, Valeria ou Auga Seca.
Nati Juncal Portas
Fundou Cósmica Producións en 2018 xunto coa directora Sonia Méndez, tras unha carreira de quince anos como freelance. Ate o momento levaron a cabo as longametraxes As Neves (Sonia Méndez, 2023), a curta O neno sardiña (Lucía Estévez, 2022), o documental A poeta analfabeta (Sonia Méndez, 2020), a serie web Antes de perder (Sonia Méndez, 2019) e ten en desenvolvemento a longa de ficción As Defensas (Lucía Estévez) e Terás que saltar (Irene Pin). Nos últimos anos involucrouse en proxectos de cine autoral, como directora de produción da longa Lúa Vermella de Lois Patiño, xefa de produción de Longa Noite (Eloy Enciso) e Eles Transportan a morte de Helena Girón e Samuel M. Delgado (2021). Posteriormente levou a dirección de produción de Matria de Álvaro Gago, A foreign song de César Souto e Prefiro condenarme de Margarita Ledo. É delegada en Galicia de CIMA, a asociación de mulleres cineastas.