O Ourense Film Festival (OUFF) caracterizouse durante moitos anos por editar numerosas monografías adicadas a un autor, e a cargo de varios historiadores e críticos de cine, escollidos en consonancia a súa especialidade Baixo a coordinación do historiador de cine e catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC, José Luis Castro de Paz, tomaron parte, entre otros, na elaboración destas publicacións profesionais como José María Paz Gago, Darío Villanueva, Jaime Pena, Xosé Ramón Barreiro, Santos Zunzunegui, Ángel Luis Hueso, Xavier Bermúdez ou Julio Pérez Perucha. Entre os numerosos libros que viron a luz no marco do festival destacan os adicados a Luis García Berlanga, María Casares, Camilo José Cela, Juan Antonio Bardem ou Gonzalo Torrente Ballester.

O retrato maior do noso cine

Produción propia. 

Fotografías de Xulio Gil. Recollendo os retratos da
exposición homónima.

O retrato maior do noso cine

Dos pés á cabeza

Produción propia.

Monográfico sobre o director ourensán Xavier Bermúdez, realizado por Eduardo Galán, que abrirá unha nova colección titulada “Monografías”.

A meca dos cines. A transcendencia histórica das salas de cine na vila do Grove

Autora: Dunia Álvarez Prieto
Da presente edición: Concello do Grove
Ilustracións de capa: Gogue
Editorial: Rustika Ediciones
2018

Desaparecen os vellos cines de sesión continua e apetitosos bocadillos de chourizo, de afiches coloreados e estampas de coleccionista, de propaganda oficial e censura, de cine dominical e programacións persistentes.

Desaparecen os cines multiúso, os cine-auditorio, os cine-baile, os teatro-cine.

Desaparecen os cines dos primeiros bicos, do Venres.

Fémina e dos príncipes azuis.

Desaparece o cine El Marino.

Marcas na paisaxe

Margarita Ledo Andión (coord.)
Editorial: Galaxia
Vigo. 2018
ISBN : 978-84-9151-172-4

Cine, diversidade e redes, un proxecto sobre a circulación do cinema en lingua galega en sociedades onde asentou a diáspora ao longo da historia, dende o real decreto de 1773 polo que saíron do porto da Coruña, familias enteiras para construir as primeiras cidades na conca do “Río de la Plata”, tróuxonos para a man tres cariátides que distinguen o cinema de aquí: a lingua, a terra, coa variante “paisaxe” e as migracións. Ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración do 2018 como “Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital”, retomamos os vieiros do cinema que nos traian doutra volta o cine de emigración.

Manane Rodríguez, voz en libertad

Autor: Antonio Peláez Barceló
Editorial: Eride.
Madrid. 2018
ISBN: 978-84-17659-00-4

No libro faise un estudo de todas as películas da cineasta e inclúense textos de escritores cinematográficos como Miguel Marías e Mirito Torreiro, que seguiron de preto, desde os seus inicios, a súa filmografía, así como de Mercedes Altuna, Luís Dufuur e outros tres profesores uruguaios. O prólogo é do coguionista de Manane Rodríguez e socio seu, Xavier Bermúdez. Manane Rodríguez é unha voz consolidada no mundo do cinema. Desde a súa primeira curta, Juego de café (1990), ata Migas de pan (2016), o libro percorre toda a súa filmografía.

Andréi Tarkovski y el espejo. Estudio de un sueño

Autor: José Manuel Mouriño
Editorial: Círculo de Bellas Artes
Madrid. 2018
ISBN-10: 8494775294
ISBN-13: 978-8494775291

Neste libro, José Manuel Mouriño formula unha análise en profundidade sobre unha peza clave na filmografía de Andréi Tarkovski, a súa película El espejo ( Zerkalo, 1975). Ademais do seu ensaio central, escrito por este cineasta e investigador ourensán, a publicación recolle unha serie de fragmentos nos que o propio Tarkovski reflexiona acerca de Nazarín, a súa favorita de entre as películas de Luís Buñuel. O libro inclúe tamén unha breve presentación de Andréi A. Tarkovski, fillo do cineasta, así como máis de sesenta imaxes entre fotografías de rodaxe e fotogramas do filme, material gráfico inédito, nalgúns casos, ata o día de hoxe.