Está mañá o director Manuel Gutiérrez Aragón chegou a Ourense para presentar por primeira vez en Galicia as súas memorias “Vida y maravillas”, editadas recentemente por Anagrama. Gutiérrez recibiu na edición pasada do OUFF o Premio Especial OUFF e mantén coa cidade unha relación especial. “Ter a personalidades como Gutiérrez Aragón aquí é o que fai grande a este festival”, sinalou César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, na presentación do acto.
O director do OUFF, Miguel Anxo Fernández, agradeceu a presencia do director, unha figura fundamental para entender os anos da transición, e a súa implicación co festival. Nunha conversa amena e distendida Fernández conversou con Gutiérrez Aragón sobre estas memorias, que tanto pasan polas vivencias persoais do director como retratan a súa participación na historia do cinema dende a ollada única de quen a protagoniza. Desde a infancia do director, marcada pola enfermidade, o seu paso como militante comunista, a súa etapa como alumno de cine con Carlos Saura como maestro ou a lembranza dos anos da transición ata a súa traxectoria no cine. Todo iso recolle “Vida y maravillas”, unhas memorias que “son como unha película en palabras”, reflexionou Miguel Anxo Fernández. “Las memorias no hablan solo de cine porque al director, para ser un buen director, lo que menos le conviene es ver muchas películas, tiene que alimentarse de más cosas”, explicó Gutiérrez Aragón en la presentación. “El deseo de los españoles de quitarse el luto fue una de las cosas que acabó con la dictadura, el deseo de disfrutar de la vida como lo hacían en otros países. Estos cambios se reflejan en el libro, no de forma intelectual, sino total”, contou o director de cinema sobre o que narra na obra.
Gutiérrez Aragón tamén participará esta tarde nunha firma de exemplares ás 19:30 no Teatro Principal, antes de manter xunto a Jaime Chávarri unha conversa sobre a figura do actor galego Fernando Rey, Premio Memoria Histórica nesta edición do OUFF, tamén no Teatro Principal.
Ángel de la Cruz presenta en OUFF LAB a súa próxima película
Na xornada de OUFF LAB o director Ángel de la Cruz presentou nesta chuviosa mañá de martes o seu novo proxecto cinematográfico, Non poderás levantarte, actualmente en desenvolvemento. Un filme de xénero, adaptación da novela “La silla” de David Jasso, que o propio de la Cruz declarou que lle costou abordar debido á súa crudeza. Esta obra chegou a el en 2012, cando recibiu o Goya a mellor guión por “Arrugas”, máis por falta de tempo e financiación, quedou no tinteiro. Ata agora, no que a posibilidade de filmar en Ourense (“cidade que me da sorte e na que estrenei a miña primeira curta en 1996” en palabras do director) e a coprodución con Enrique Cerezo, proporcionáronlle uns alicerces perfectos para erguer o filme.
Este thriler psicolóxico narra a historia dun escritor de novelas de terror que, coa súa muller e o seu bebé, trasládase a unha vila medio abandonada de Ourense. O manuscrito no que está traballando conta a historia dun secostro, polo que este lle pide á súa muller que o ate e amordace. O que non sabe é que ela xa nunca volverá para desatalo. Ángel de la Cruz confesou que el mesmo pediu que o someteran ao mesmo procedemento para que a experiencia o axudara a construir guión. O casting da película (que prevee estrear en 2025) non está pechado, pero ten xa un fichaxe estrela, a actriz Cayetana Cabezas. A ourensana declarou o seu amor polo proxecto e a súa inmensa alegría por volver a Ourense a traballar “quero que o mundo sepa que esta é a miña casa”.
O premio do concurso de escaparates foi para o comercio Jupiter
Hoxe resolveuse o concurso de escaparates organizado polo OUFF e o Centro Comercial Aberto, para que as rúas de Ourense vivan a historia do cinema. Luis Rivera, presidente do Centro Comercial Aberto de Ourense e Sonia Torres, coordinadora do certame, deron a coñecer aos gañadores desta segunda edición. O primeiro premio foi para Jupiter, pola orixinalidade, creatividade e implicación dos propios responsables do establecemento, participando como protagonistas no escenario cinematográfico que presentaron. O segundo premio foi para Intersport Bouso, por unha proposta que sumerxe de inmediato no mundo das estrelas do cine. O terceiro recoñecemento foi para Caroni, pola boa combicación entre os productos do escaparate e a temática cinematográfica.
O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.