O músico Sergio Moure presenta a súa autobiografía, que forma parte das publicacións propias do OUFF

  •  A monografía “Sergio Moure de Oteyza: a imaxe sonora” e “Ourense: plató de cine” de Miguel Anxo Fernández son dúas das obras editadas no marco del festival

  • O OUFF presenta seis novas publicacións dentro da sección Letras de Cine

Ourense, 1 de outubro– Nunha edición especialmente vinculada coa literatura en todas as sús expresións (a 26 edición de Ourense Film Festival conta cun ciclo especial de Cine e Literatura), o Festival de Cine de Ourense retoma un ano máis o apartado Letras de Cine para impulsar e dar difusión a publicacións propias de doutros relacionadas co mundo do cine. Con esta iniciativa (OUFF), a organización pretende ser un achegamento ao mundo editorial a través de publicacións e investigacións vencelladas ao sector audiovisual.

Esta mañá celebrouse a presentación de Sergio Moure de Oteyza: a imaxe sonora que contou coa presenza do autor no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O músico contou que “cando me chamou Miguel Anxo, me sorprendeu moito o encargo deste libro pero foi unha viaxe introspectiva na que incluso descubrín cousas sobre min”. Na rolda de prensa estivo precisamente acompañado polo director do OUFF, Miguel Anxo Fernández, que agradeceu a presenza do “compositor máis consolidado de Galicia”.

Sergio Moure, que esta noite recibe o Premio OUFF Especial durante a gala de clausura comentou que “é a cuarta vez que estou neste festival ao que lle teño especial cariño. Música e cine son as miñas grandes paixóns e neste libro van da man. O difícil foi escribir a primeira páxina, despois xa segues pola inercia de contar cousas e é bonito recordar. Realmente conto a miña vida a través das miñas películas”.

Dúas son as publicacións especialmente vencelladas ao OUFF nesta 26 edición: a xa dita monografía “Sergio Moure de Oteyza: a imaxe sonora” e “Ourense: plató de cine” de Miguel Anxo Fernández. 

  • “Sergio Moure de Oteyza: a imaxe sonora” forma parte da serie de monografías de producción propia que o festival promove e que pretenden ser un sinal de identidade do certame. Trátase dun libro autobiográfico escrito polo propio Sergio Moure de Oteyza
  • “Ourense: plató de cine” de Miguel Anxo Fernández é a crónica de case un século de rodaxes na provincia, unha escolma de arredor de 30 longametraxes de ficción dende Santoalla a Ribadavia a través de nomes propios como Anthony Quinn, Federico Luppi, Fernando Fernán Gómez (figura que lembraremos nesta edición por mor do seu centenario), Alfonso Zarauza, Gracia Querejeta, Isabel Coixet e tantos nomes que conformaron Ourense como plató de cine desde 1926 a 2021.

Por outra banda, o festival serve de plataforma para autores que dan a coñecer os seus traballos relacionados co mundo do cinema e como altofalante do traballo realizado por outros colectivos e institucións como é o caso da Fundación AISGE, organismo colaborador do OUFF, e que o domingo presentou catro libros monográficos. O presidente de AISGE e da Fundación AISGE, Emilio Gutiérrez Caba, e a delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco, presentaron a edición bilingüe galego/castelán destas catro obras dentro da colección Taller de la Memoria.

  • Historia dun soño. Autobiografía, de Celso Bugallo.
  • Na pantalla do recordo. Escenas da miña propia vida, de Xan Cejudo (con carácter póstumo).
  • Nunca é tarde, de Pirula Expósito.
  • Terra labrada, de Manuel Lourenzo.