O OUFF homenaxea a Fernando Fernán Gómez no centenario do seu nacemento

  • Unha placa conmemorativa en Allariz recordará a figura do actor e cineasta

  • A homenaxe completarase coa proxección de A lingua das Bolboretas esta noite na Casa da Cultura de Allariz

Ourense, 2 outubro– No centenario dos seu nacemento, o Ourense Film Festival (OUFF) quere homenaxear a Fernando Fernán Gómez, un dos actores e cineastas máis destacados do cinema español. A 26 edición do Festival de cine de Ourense na súa labor de recoñecemento á figuras esenciais do noso audiovisual inclúe na súa programación dúas efemérides sinaladas. Ao centenario de Luis García Berlanga únese tamén o xa anunciado homenaxe a Fernando Fernán Gómez.

Allariz foi o escenario elexido pola súa vinculación ao actor e a unha das súas películas máis recoñecidas, A lingua das bolboretas, para o descubrimento dunha placa conmemorativa dentro das actividades paralelas deste ano. O acto, conducido pola presentadora Raquel Domínguez, contou coas intervencións de Miguel Anxo Fernnández, director do OUFF, Uxía Blanco, actriz que participou en dito filme, Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, e Cristina Cid, alcaldesa de Allariz. 

Todos eles lembraron a figura do carismático actor e o seu paso pola vila. Miguel  Anxo Fernández, director do OUFF, destacaba na súa alocución que esta homenaxe  é unha mostra da aposta do Festival pola recuperación da memoria, “na  estratexia futura do OUFF está a de  poñer en valor o seu patrimonio dos agora 26 anos de historia. Iso sitúanos moi por encima non panorama galego de  festivais. Vai como  exemplo que ou ano próximo serán vos centenarios da actriz galega María Casares e do director Juan Antonio Bardem, ambos xa foron protagonistas a título póstumo e a cada un deles se lles dedicou un  volume”.

Pola súa banda, a actriz, Uxía Blanco, moi emocionada, “por pisar de novo estas pedras, estar aquí fronte á escola, pensar neses instantes nos que nesta praza repasabamos os textos, é revivir aqueles momentos, nos que pasamos moita calor,  Monchiño levaba roupas de inverno, uns zocos…” compartía no seu discurso varias anécdotas e momentos especiais dos días vividos cun “Don Gregorio impresionante, un mestre de vida.”

Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, quixo destacar “a súa faceta como ensaísta, dramaturgo e excelente guionista” para concluír a súa intervención reivindicando a definición de Marisa Paredes, Presidenta da Academia de Cinema Español, cando a Fernando  Fernán Gómez lle entregaron a Medalla de Ouro do cinema español, por “castelán, anarquista, dramaturgo, poeta, cómico, académico, novelista, por único e por consecuente, un español universal”.

Antes de descubrir a placa interveu Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, que mostraba o seu agradecemento por esta rodaxe na que “toda a vila se converteu no escenario dunha marabillosa película, pero para toda a xente de Allariz supuxo moito máis que unha película, foi unha marabillosa experiencia”. Pechaba o acto Marco Foxo, gaiteiro da Real Banda de Gaitas, interpretando a peza “Ourense no atardecer”.

A vila é un dos escenarios de cine que poden verse na exposición Atención, rodamos en Ourense! (aberta no centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 26 de outubro) e dentro das rutas enmarcadas dentro dos Viaxes de cine pola provincia, ademais de escenario principal da rodaxe do filme de José Luis Cuerda, figura vencellada ao festival de cine de Ourense nos seus 26 anos de vida. Para completar a homenaxe, terá lugar a proxección de A Lingua das Bolboretas esta noite, ás 21 horas, na Casa da Cultura de Allariz.

Fernando Fernán Gómez

Fernando Fernán Gómez (Lima, Perú, 28 de agosto de 1921-Madrid, España, 21 de novembro de 2007), novelista, dramaturgo, actor, guionista e director español de cine, teatro e televisión. Estudou Filosofía e Letras na universidade pero deixou a carreira para dedicarse ao teatro coa compañía Laura Pinillos despois de pasar pola escola de teatro CNT. Máis tarde foi promovido profesionalmente polo famoso escritor Enrique Jardiel Poncela, representando varias das súas obras teatrais máis coñecidas. Debutou na pantalla grande a principios dos anos 40. Botón de ancla (1948), unha comedia rodada por Ramón Torrado e interpretada por Antonio Casal e Jorge Mistral, converteuse nun dos seus títulos máis populares. Durante os anos 50 e 60, a popularidade de Fernán Gómez creceu como intérprete, comezando tamén a asumir funcións de dirección. Debutou na dirección con Manicomio (1954). A súa obra mestra é El extraño viaje (1964). As décadas seguintes confirmaron a súa condición de intérprete e director, gañando importantes premios cinematográficos. Foi premiado no Festival de Berlín pola súa actuación en El anacoreta (1976) e Stico (1984). Como director e actor, ten unha filmografía de máis de 200 títulos.

Os recoñecementos á súa extensa e extraordinaria carreira multiplicáronse nos últimos anos da súa vida, gañando o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 1995. Foi membro da Real Academia Española, na que tomou posesión da cátedra B o 30 de xaneiro. 2000.