O Ourense Film Festival pecha a súa 24 edición coa vista posta xa no seu 25 aniversario

Foto de familia OUFF 2019

 

  • Ledicia Sola e Paloma Lago presentaron a gala de clausura na que se entregaron os premios que forman o palmarés do OUFF 2019

  • Norberto López Amado recibiu o Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival

  • La Trinchera Infinita pon o broche de ouro á 24 edición

O Ourense Film Festival (OUFF 2019) pechou a súa 24 edición cunha gala de clausura que pon o punto e final a nove días de cine. O festival, referente do audiovisual en Galicia, remata coa entrega do palmarés unha edición onde o público ourensán encheu as salas de cine para respaldar a programación. Cine, audiovisual, estreas de producións, encontros co sector, obradoiros, publicacións propias e alleas, exposicións vinculadas ao cinema e música completan un amplo programa que fixo de Ourense, de novo, a capital do cine.

A gala de clausura, presentada polas actrices Ledicia Sola e Paloma Lago, puxeron o broche de ouro á actividade rexistrada nesta última semana. Chega así ó final dunha edición que quixo ser dende o inicio – xa o reinvindicaba a gala inaugural coa escenografía de Marta Villar e Ángel de la Cruz- unha homenaxe aos espectadores. Novamente o lema #EuSonDoOUFF serviu para aglutinar o sentir de actores, directores, produtores e público en torno a un certame que mira xa cara o seu 25 aniversario.

O Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival, cerrou a 24ª edición. O director ourensán Norberto López Amado que, desde finais deste ano, dirixirá a serie “3Camiños”, recibiu o galardón nunha gala na que tamén se fixo entrega dos recoñecemos aos filmes premiados. Recordemos que na sección oficial dos 500 traballados de 15 nacionalidades presentados foron seleccionados un total de 15 películas.

Durante a gala marcada pola conta atrás cara a 25 edición, amenizada polas actuacións do grupo Orimi, ademais da entrega do palmarés déronse a coñecer os premios de OUFF en Curto: primeiro premio do xurado profesional para “Soy una tumba”, segundo premio para “De repente, la noche”, mención especial para “En la boca de la mina”, galardón do público para “Subway” e premio do xurado millenial ao mellor videoclip para “De bruma e salitre” do grupo Mileth, dirixido por Xaime Miranda.

Así mesmo, AISGE fixo entrega durante a gala dos premios á mellor interpretación en curtas que foron para Marta Nieto por “De repente la noche” e Jaime Elías por “O que medra por dentro”.

Tamén se deron a coñecer os gañadores do concurso Fas Muvis: primeiro premio para “Desencontro”, segundo premio para “Ourense vive”  na categoría xeral e premio único na categoría Escola para “A pinga”.

Fóra de competición, “La Trinchera infinita”, triunfadora do Festival de San Sebastián, chega a Ourense para dar por rematada unha semana de proxeccións na que tiveron cabida seccións xa de peso no festival como Panorama Galicia, Inédito en Ourense e Sesións especiais ás que neste ano sumouse o ciclo Cine e Auga e a Retrospectiva sobre cinema mexicano.

O toque gastronómico ofreceuno para todo o público asistente á gala de clausura Cociña Ourense e Sabores de Ourense. As súas atractivas propostas, algunhas baseadas nas películas premiadas e con toques aos seus argumentos, están elaboradas para enxalzar o noso produto autóctono e de proximidade.

Repaso OUFF 2019

Entre as novidades da programación do OUFF 2019 destaca a incorporación de videoclips a competición, a incorporación da ficción televisiva dentro da sección OUFF Transmedia (coas estreas de Pasaporte Galego adicado a Luis Tosar e que foi gravado en parte no OUFF 2018 durante a entrega do Premio Ourense ao actor; “Desaparecidos. La serie”, o último traballo de Juan Echanove e Michelle Calvó; e mesmo a Premio OUFF Televisión que se entregou por primeira vez nesta edición). 

O Premio Calpurnia de Honra Internacional tamén foi entregado por primeira vez nesta edición. José García foi o homenaxeado que xunto a María Bouzas, Vaca Films e agora Norberto López Amado completan o listado de premios honoríficos.  Como novidade este ano, concédese o premio Barreiros á ópera prima “Viaje al cuarto de una madre” e o premio OUFF Televisión a Cristina Castaño.

Un programa completo no que destacan exposicións, publicacións propias e unha potente área formativa no que destacaron os talleres dos cineastas Xavier Bermúdez, Alberte Pagán e Oliver Laxe.

Proxeccións películas gañadoras

O domingo proxectaranse as películas gañadoras no Teatro Principal:

  • 17:30h Mellor curta + Premio Galicia. “Soy una tumba”, de Khris Cembe + “O que arde”, Oliver Laxe.
  • 20:00h Mellor Película “Parásitos”, Bong Joon-Ho.
  • 22:30h Mellor Fas Muvis + Premio Público. “Desencontro” de Beatriz Fernández e Clara Miñán +  La odisea de los giles, de Sebastián Borensztein

As entradas que manteñen o prezo de 4€ (pódese utilizar bono) venderanse unha hora antes no despacho de billetes.

Palmarés OUFF 2019