Un OUFF Escola de récord entrega os seus premios

  • A IX edición contou con 102 traballos á concurso.
  • Os premios estiveron moi repartidos entre un público cheo de ilusión.

Ourense, 3 de decembro. O OUFF Escola celebrou a súa entrega de premios no Auditorio Municipal de Ourense, na que é a novena edición deste concurso. O actor Fernando González, foi o encargado de presentar o acto nunha sala chea de público novo e ilusionado.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, destacou na gala que o importante deste concurso “son os rapaces porque eles son o futuro. Queremos que amedes o cinema e, para iso, hai que coñecelo”. Simone Saibene, membro do xurado, quixo “destacar a orixinalidade e calidade dos traballos presentados. Foi un traballo moi duro o de escoller”.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que agradeceu á Deputación, á Fundación Carlos Velo e á Xunta de Galicia o esforzo para sacar adiante esta edición do OUFF, animou aos rapaces a “seguir facendo cine pero tamén a que vaiades a velo nas salas”.

Os galardóns desta edición foron:

Mencións especiais:

  • Centro de Educación Especial Infanta Elena
  • CEIP Os Ponzos de Ferrol
  • IES As Barxas
  • IES Poeta Díaz Castro
  • IES Xesús Taboada Chivite

Mellor guión, na categoría de Infantil ou Primaria:

  • “Na Corredoira”, CEIP Tenorio.

Mellor guión, niveis de ensino non universitario:

  • “Entre o río e o mar”, IES Breamo

2º Premio, na categoría de Infantil ou Primaria:

  • “O conto da muiñeira”, CEIP Nosa Señora dos Nomes.

2º Premio, niveis de ensino non universitario:

  • “Chico, o cabalo”, IES As Barxas

1º Premio, na categoría de Infantil ou Primaria:

  • “Mareas Vivas”, Colexio Sagrado Corazón de Placeres

1º Premio, niveis de ensino non universitario:

  • “O Preguiceiro”, IES Alfoz Valadouro

O OUFF Escola, que este ano celebra a súa novena edición, bateu todo tipo de récords con 102 inscritos, 30 máis que o ano pasado. 18 dos traballos proceden da provincia de Ourense, 36 de A Coruña, 37 de Pontevedra e 11 da provincia de Lugo.

O OUFF Escola, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como obxectivo achegar á infancia e xuventude ao mundo do cinema ademais de coñecer a súa visión sobre o mundo que os rodea. O impulso do uso do galego e o fomento da creatividade audiovisual son outras das súas funcións.