A música en directo é unha das actividades que dende a súa incorporación á programación do OUFF ten acadado un maior éxito de público. Este ano serán tres os concertos que terán lugar durante as datas de celebración do festival, en colaboración co Liceo de Ourense, Café&Pop Torgal e Café Cultural Auriense, e que traerán a Ourense músicos como Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Bart Davenport & The Bedazzled e Adam Bomb.

Rosa Cedrón & Emilio Rúa

Data: 01/12 – 22.30 h.
Lugar: Liceo de Ourense
Entrada gratuíta

Rosa Cedrón & Emilio Rúa, dous artistas galegos de primeiro nivel aúnan as súas voces para ofrece un gran concerto no Liceo de Ourense. A cantante monfortina participa no último disco do cantante ourensán titulado “Duetos”.

Rosa Cedrón, cantante monfortina, foi durante nove anos a voz e o violonchelo do grupo Luar na Lubre e ten colaborado con músicos como Mike Oldfield. No ano 2005 iniciou a súa carreira en solitario y en 2007 publica o seu primeiro disco “Entre dous mares”.

Pola súa banda, Emilio Rúa, cantautor ourensano nacido en Vendas da Barreira (Riós) leva dedicado á música desde os sete anos e conta cunha ampla traxectoria profesional como intérprete e compositor. En solitario ou acompañado da súa banda, levou a música en galego por múltiples lugares de Galicia e España, pero tamén a Londres, Manchester, São Paulo ou Buenos Aires.

Emilio Rúa y Rosa Cedrón

Bart Davenport & The Bedazzled

Data: 03/12 – 20,00 h. apertura de portas
Lugar: Café & Pop Torgal
Entrada de pago

Bart Davenport pode ser unha multitude de cousas, dependendo de a quen lle preguntes. Foi un mod, un cantante de blues e un trovador softrock. É un guitarrista e cantante excéntrico coa voz atemporal dun verdadeiro cantante. Vive e escribe cancións en Los Ángeles. O seu traballo transportanos a un pasado o futuro imaxinado que é curiosamente tanto dos 80 como dos 60. En Ourense presentará o seu último traballo “Blue Motel” (Lovemonk, 18), un álbum que mistura guitarras e melodías bellísimas con pasaxes taciturnos, pódese rastrexar a clase de The Pale Fountains, Prefab Sprout ou Fleetwood Mac. Actúa e graba coa súa banda The Bedazzled, composta pola baixista Jessica Espeleta, o guitarrista Wayne Faler (Dream Boys) e o batería Andres Renteria.

Bart Davenport

Adam Bomb

Data: 01/12 – 21,30 h.
Lugar: Café Cultural Auriense
Entrada de pago

Adam Bomb (Adam Brenner, Seattle, 1963) é un guitarrista e vocalista estadounidense que ten traballado cunha grande cantidade de bandas e solistas de hard rock .”Showman e animador que vive pola música e o placer que derivase da súa interacción co público, sen importar quen, onde ou cantos. Cada acorde tocado coma se fora o último na terra… É rock and roll, despoxado do esencial. Adam é dono da guitarra, é a definición de actuación en vivo” (Horus Music). O concerto no Café Cultural Auriense inscríbese dentro dunha xira na que repasa os seus 30 anos de carreira musical. Será o seu único concerto en Galicia. Aos seus 55 anos, este home que leva o rock na sangue, pode presumir de ter compartido música con Iggy Pop Chuck Berry, Gary Moore ou Joe Ramone. Os seus directos son pura dinamita.

Adam Bomb