OUFF en Curto duplica o número de participantes

OUFF En Curto 2019
  • A segunda edición do certame de curtametraxes do Ourense Film Festival recibe preto dun centenar de traballos
  • No concurso competirán 17 curtametraxes e, como novidade, 9 videoclips
  • Os traballos multipremiados “Soy una tumba” ou “De repente, la noche”, entre as curtas a competición

A segunda edición do OUFF en Curto, o certame de curtametraxes do Ourense Film Festival, recibe o dobre de aspirantes que na pasada convocatoria, con ao redor dun centenar de traballos rexistrados para participar no concurso. Deles, a organización do OUFF 2019 seleccionou 17 curtametraxes e 9  videoclips que poderán verse do 27 de setembro ao 5 de outubro no OUFF e que competirán por un total de 4 premios.

A segunda edición da sección a competición OUFF en Curto destaca polo aumento da participación e tamén a calidade dos traballos presentados, con curtos galardoados noutros festivais nacionais e internacionais. 

Entre as curtametraxes seleccionadas figuran algúns dos títulos con máis percorrido do ano, como “Son unha tumba” (Khris  Cembe), aspirante ao Goya 2019 á mellor curtametraxe de animación, ou “De súpeto, a noite” (Cristina  Bodelón e Ignacio de Vicente), presente en máis dunha decena de festivais e premiado en varios deles.

Soy una tumba
Fotograma de “Soy una tumba”

Nove videoclips a competición

Ademais, OUFF En Curto 2019 incorpora como novidade unha sección de videoclips, na que competirán 9 traballos. Entre eles, os realizados para coñecidos temas de La pegatina, Macaco ou  Soziedad Alkohólika.

As 17 curtametraxes que poderán verse no OUFF En Curto son: 

  • “A Xustiza Pola Man”, de Sara Casasnovas
  • “Benedicta”, de Xurxo Chirro 
  • “Carta A Leningrado”, de Brandán Cerviño
  • “De Repente, La Noche”, de Cristina Bodelón e Ignacio De Vicente
  • “Devalar”, de Mar García
  • “En La Boca De La Mina”, de Brandán Cerviño
  • “El Jefe”, de Fernando Tato, Ozo Perozo
  • “Hoop”, de Yvonne López Gaus
  • “Homomaquia”, de David Fidalgo Omil
  • “La Noche”, de Martín Romero
  • “La Poesía Sólo Muere Cuando Termina”, de Adelaida Lamas
  • “O Que Medra Por Dentro”, de Nacho Ozores
  • “Soy Una Tumba”, de Khris Cembe
  • “Subway”, de Carlos García De Dios
  • “Trala Porta”, de Alejandro Rodríguez
  • “Un Cuento Al Revés”, de Inés Pintor Sierra e Pablo Santidrián
  • “Un País Extraño”, de Laura Pousa

Pola súa banda, os 9 videoclips seleccionados son:

  • “Ahora O Nunca” (Pegatina, Macaco), de Manu Viqueira Carballal
  • “3n M1 Lug4r” (3n  M1 Lug4r), de Carlos A. Quirós
  • “A Las Afueras De Mí” (De Vuelta, Éric Dopazo), de Óscar Doviso
  • “Outra Esmorga” (Maskarpone), de Adrián González
  • “De Bruma e Salitre” (Mileth), de Xaime Miranda
  • “Resurgir” (Soziedad Alkohólika), de Manu Viqueira Carballal
  • “Adioses” (Trigo Sucio), de José Antonio Campos
  • “Vai Embora!” (Vai Embora!), de Carlos A. Quirós
  • “Vigo” (Thomas Hell ft. Vinn), de Andrea Alonso

Durante nove días, do 27 de setembro ao 5 de outubro, Ourense será de novo a capital do cinema en Galicia, con proxeccións, seccións a competición e actividades paralelas. O Festival de Cinema Internacional de Ourense, que este ano celebra a súa 24 edición, está organizado pola Deputación de Ourense co patrocinio da Xunta de Galicia, o  Concello de Ourense, ABANCA, GADIS e a Fundación AISGE.