OUFF e TVG estrean “Pasaporte Galego. Un dos nosos”

  • A presentación en exclusiva do programa rodado en parte durante a pasada edición do OUFF tivo lugar nunha gala no Teatro Principal 

  • Isabel Blanco e Luís Tosar reencóntrase de novo co público ourensán

 

 O Ourense Film Festival (OUFF 2019) é máis que cine. Así o ven a demostrar non só as actividades paralelas (concertos, exposicións e libros) senón a aposta decidida polo audiovisual galego que se fai dentro do propio festival a través da sección OUFF Transmedia. Dende esta perspectiva enténdense proxectos como a estrea de “Pasaporte Galego. Un dos nosos” con Luís Tosar e Isabel Blanco que ten para o OUFF un añadido xa que o programa foi gravado en parte durante a pasada edición do festival de cine de Ourense. 

En novembro de 2018, Luís Tosar acudía a OUFF 2018 para recibir o Premio Ourense e compartir unha xornada con estudiantes, compañeiros de profesión e o público ourensán. Isabel Blanco e un equipo de gravación da TVG seguiron os pasos do actor lucense pola cidade de Ourense. O resultado puido verse agora na pantalla do propio festival.

O premio Ourense sumábase así a unha longa lista de galardóns que Luís Tosar recibiu ao longo da súa carreira, e entre os que destacan 3 Goyas – máis outros 4 nomeamentos -, 7 premios Mestre Mateo, 2 Fotogramas de Prata, 3 premios da Unión de Actores e Actrices, outros 3 galardóns do Círculo de Críticos Cinematográficos e a Espiga de Honra da Semana Internacional de Cinema de Valladolid (Seminci) entregada en 2017.

A estrea do programa “Pasaporte Gallego. Uno de los nuestros” tivo lugar en exclusiva dentro da programación do festival de cine, nunha gala que amosou a estreita relación que o OUFF mantén non só co audiovisual feito en Galicia senón cos seus protagonistas desta produción: Luís Tosar e Isabel Blanco.

Pasaporte Galego

A actriz e presentadora Isabel Blanco, membro do xurado da 24ª edición do OUFF, conduce dende outubro de 2018 Pasaporte Galego na Televisión de Galicia, unha produción que pretende achegar aos fogares galegos nomes cun arraigo especial e un marcado xen galego, recoñecibles e respectados polo público. “Agora que se cumpriron os 20 anos de Mareas Vivas, quizais sexa bo momento para reencontrar a Luís co seu público de Mareas Vivas, mostrarlle á súa vida de hoxe, por onde o levou a súa carreira, como mantivo o vínculo coas súas raíces, e demostrar como manifesta a súa galeguidade en todo canto fai”, destaca Isabel Blanco que subliña que Pasaporte Galego “é unha ventá aberta a aqueles personaxes queridos e admirados pola xente en Galicia. Nomes que soan coma da casa. Ben porque medraron en TVG, ou ben porque as súas carreiras foron seguidas por todos nós, coma se se tratase dun máis da familia”.