A delegación en Galicia da Fundación AISGE recoñocerá no Ourense Film Festival (OUFF) a dilatada e exitosa traxectoria profesional no cine e no teatro da actriz ferrolá Mabel Rivera (1952), que recibirá o galardón acreditativo na gala de clausura do certamen el 5 de decembro no Auditorio de Ourense.

Mabel Rivera é una actriz de enorme experiencia teatral  e cinematográfica. Iniciouse nos anos 70 participando aproximadamente en dez espectáculos antes de 1984, ano de fundación del Centro Dramático Galego, onde comenza a traballar como profesional incorporándose a un dos primeiros elencos desta compañía institucional.

En Galicia é coñecida dende fai máis dunha década como a protagonista da comedia de maior éxito da TVG “Pratos Combinados” onde interpretou o personaxe de Balbina. O recoñecemento a nivel nacional chegoulle ao ser unha das actrices da oscarizada película “Mar Adentro” dirixida por Alejandro Amenábar, que lle valeu o Premio Goya de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España a la Mejor Actriz de Reparto.

Mabel Rivera

Outros traballos

Ademais de como actriz ten traballado como presentadora, tradutora, axudante de dirección, e dobladora (en cine, foi a voz de Michelle Pfeiffer en “La edad de la inocencia”, de Martin Scorsese). Ten producido, xunto ao director de fotografía e realizador de televisión Enrique Banet, os documentais: “El Salario del Silencio” e “Unha lousa sobre o Courel”.

É licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e graduada en Arte Dramático pola mesma Universidade (1999– 2001). Fala galego, español, inglés e francés.