Alfonso Blanco é un ourensán de pés a cabeza que presume das súas raíces sempre que pode. Nado en Freixido, concello de Petín, viviu na cidade de Ourense dende mozo, onde se trasladou a rematar os seus estudos e desenvolveu a súa afección polo cine. No mundo do audiovisual comenzou traballando en series míticas da TVG como Mareas Vivas, Terra de Miranda, Padre Casares ou Matalobos. Tamén produciu diversos programas de televisión e é docente do Máster de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade de A Coruña.

No ano 2010 funda a súa propia produtora, Portocabo, buscando producir ficción de calidade para televisión e que de seguido comeza a ter éxito. Vidago Palace, unha coprodución entre a TVG e a RTP portuguesa comeza o camiño do éxito internacional que segue con Hierro, de Movistar+ ou con Auga seca, adquirida pola HBO. O pasado ano deron o salto ás longametraxes con Cuñados, rodada integramente en Ourense.

Tamén dende o pasado ano, Alfonso Blanco é membro da International Academy of Television Arts & Sciences, sendo o primeiro galego e o séptimo español en conseguilo. Trátase da organización de empresas de produción e distribución máis importantes do mundo e que recoñece a programación televisiva producida fora de Estados Unidos cos Premios Emmy.