O OUFF acolle a presentación do Premios María Luz Morales

  • A Academia Galega do Audiovisual convoca por terceiro ano estes importantes premios de ensaio sobre o audiovisual.
  • O galardón busca homenaxear a figura da xornalista María Luz Morales.

Ourense, 29 de novembro. O director da Academia Galega do Audiovisual, Miguel Mariño, presentou esta mañá a nova convocatoria dos Premios María Luz Morales de ensaio audiovisual dentro da programación do Festival de Cine Internacional de Ourense. Este galardón xurdiu dentro dos obxectivos da Academia Galega do Audiovisual de promover e difundir a investigación científica en materia audiovisual e está patrocinado polas catro deputacións galegas.

Os premios buscan fomentar a investigación dentro do eido audiovisual ao mesmo tempo que potencian a creatividade. Para a convocatoria de 2019, a gala de entrega de premios terá lugar na cidade de As Burgas, auspiciada pola Deputación de Ourense. “A gala será en abril do 2019 pero o prazo para presentar traballos estará aberto dende mañá e ata o 17 de marzo” comentou Mariño.

Premio María Luz Morales

Los premios se dividen en cuatro modalidades: ensaio escrito e videoensaio a nivel galego e escrito e videoensaio a nivel internacional. Cada unha das categorías está dotada cun premio en efectivo de 1.200€. “Nas dúas edicións anteriores presentáronse máis de corenta traballos” comentou Mariño.

A Academia Galega do Audiovisual, creada no ano 2002, é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a máis de 250 creadores e profesionais do audiovisual galego. Os académicos traballan en diversos xéneros, medios, empresas e institucións tocando diversas especialidades como arte, dirección, fotografía, interpretación, produción ou son.

O nome de María Luz Morales busca ser unha homenaxe e un merecido recoñecemento a esta escritora e xornalista, pioneira na crítica de cine e que tamén destacou pola súa defensa do galeguismo e dos dereitos da muller. Foi a primeira muller en ser directora dun diario estatal, La Vanguardia, durante a Guerra Civil e está considerada unha referencia na incorporación da muller ao mundo xornalístico.