Un dos premios máis recoñecibles e prestixiosos do Ourense Film Festival é a Calpurnia de Honra, que se entrega dende a segunda edición do certame, en 1997. O galardón premia a traxectoria persoal e artística de destacados profesionais do mundo do cinema.

A figura foi creada polo escultor Manuel Buciños e fai referencia a Calpurnia Abana, a primeira muller coñecida de nome romano e orixe galaica da que se ten referencia en Ourense.

Ademais, nas distintas seccións do festival repártense outros premios importantes.

Premio Calpurnia de Honra

SECCIÓN OFICIAL

O xurado da Sección Oficial de Longametraxes outorga cinco galardóns:

  • Calpurnia á Mellor Película.
  • Premio Carlos Velo á Mellor Dirección.
  • Premio Especial do Xurado.
  • Premio ao Mellor Guión.
  • Premio á Mellor Interpretación.

 

A organización do festival entrega outros tres premios:

  • Premio Galicia, para a mellor obra con produción ou coprodución galega de todo o certame.
  • Premio do Público, que se concede á longametraxe da Sección Oficial que obtén a maior puntuación por parte dos espectadores do festival.
  • Premio Especial Eduardo Barreiros, para a mellor ópera prima do cinema español que se estreou entre setembro de 2018 e o mes de setembro de 2019.

OUFF EN CURTO

As curtametraxes que participan no certame compiten por varios premios:

  • Primeiro premio do xurado profesional
  • Segundo premio do xurado profesional.
  • Premio do Público, para a obra que recibe a maior puntuación por parte dos espectadores.
  • Premio ao Mellor Videoclip, elixido por un xurado millenial.