Presentadoras das Galas 2024
PROFESIONAIS DO AUDIOVISUAL GALEGO
RAQUEL DOMÍNGUEZ
O Carballiño
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e Bachelor of Communication Studies pola Glamorgan University de Pontypridd (Reino Unido). Tras pasar por RNE-Galicia e Antena 3-Galicia, no 2001 chegou a TVE- Galicia onde dirixiu e Xornalista galega de televisión. Estudou Secundaria no IES Otero Pedrayo e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago. Ten un Mestrado en Xornalismo en Radio Televisión e Multimedia e Xornalismo Audiovisual na Escola Periodista cinematográfico, redactor e presentador de televisión. Estudiou no Colexio Manuel Peleteiro e posteriormente licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é director de Radio Galega Música e dirixe e presenta NOELIA REY OURENSE MONCHO LEMOS A ESTRADA presentou varios programas de carácter cultural. Tamén desempeñou funcións como redactora e presentadora dos servizos informativos de TVE. Dende o 2006 traballa en Televisión de Galicia como redactora e presentadora en diferentes informativos. Dende este verán edita e presenta os informativos da fin de semana.
MARIANA CARBALLAL
Albarellos/Ourense
Actriz cunha extensa experiencia en papeis de reparto en teleseries, tanto de canles privadas españolas como da autonómica galega. Desde finais dos noventa incorpórase ao mundo das longametraxes (Hotel Danubio, Cuando vuelvas a mi lado), intervindo en destacados títulos do cine galego. No eido teatral traballou con Teatro de Cámara (Madrid) e co Centro Dramático Galego, entre outras compañías. Interpreta o papel televisivio Maribel dos Tonechos no programa Luar. Realizou tres cursos de interpretación para cámara, dirixidos respectivamente por Jaime Chávarri, Elena Arnao e Rosa Estévez. Licenciada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático.
NOELIA REI
Ourense
Xornalista galega de televisión. Estudou Secundaria no IES Otero Pedrayo e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago. Ten un Mestrado en Xornalismo en Radio Televisión e Multimedia e Xornalismo Audiovisual na Escola Superior de Imaxe e Son CES de Madrid. Fixo practicas en La Voz de Galicia e foi redactora en Mediaset España e bolseira da CRTVG. Colaborou con Galicia Noticias Serán, presentou Cantas ou non, traballou en Adiviña quen ven esta tarde e Aquí Galicia e como reporteira, guionista e colaboradora de Malicia Noticias, sempre na TVG. Dende xuño do ano 2022 presenta Vaia Troula tamén na TVG.
MONCHO LEMOS
A Estrada
Periodista cinematográfico, redactor e presentador de televisión. Estudiou no Colexio Manuel Peleteiro e posteriormente licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é director de Radio Galega Música e dirixe e presenta o programa Fondos Reservados que leva en antena mais de vinte anos sendo unha voz moi autorizada dentro da música revival. A outra especialidade de Moncho é a información cinematográfica sendo a persoa de referencia informativa na RTVG neste ámbito, con presencia en diferentes festivais de cine, incluído o de Ourense no que foi durante moitos anos un dos habituais seguidores.
ISABEL BLANCO
Berna/Suiza
Presentadora, actriz e produtora galega de formatos para a televisión,documentais e pequenas ficcións. Na actualidade conduce un programa de viaxes e entrevistas na Televisión de Galicia: “Pasaporte Galego”. Coma actriz foi recoñecida a nivel nacional en películas como “Un Franco 14 Pesetas” e protagonizou xunto a Luis Tosar a exitosa serie “Mareas Vivas”. Dende 2002 é Delegada de AISGE en Galicia e foi membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual. É colaboradora habitual de diversos festivais de cinema. En orixe, de formación tradutora e intérprete. Fala sete idiomas.
SABELA HERMIDA
Vigo
Sabela Hermida é actriz e bailarina de ampla traxectoria e de polifacética formación. Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Granada, realizou o Master en Artes Escénicas: Teatro, Música e Danza na URJC e, para culminar a súa formación académica, doutórase cunha tese titulada: El desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencialista francés e no 2022 publica o seu primeiro libro coa Editorial Xeráis: María Casares fronte ao Espello. Debuta como actriz de teatro no 2001 e, ó longo destes anos, protagoniza multitude de producións teatrais, dentro e fóra de Galicia. Formou parte da Cía Teatro Tribueñe de Madrid e, en Galicia, funda Teatro Proscrito xunto a Lino Braxe, en 2010 e Manarte Produciones, en 2015. Colabora habitualmente, tamén, coas compañías Bucanero Teatro e Abismo Caracol. No eido audiovisual traballou en diferentes series e programas para a TVG e no cinematográfico estrea no 2021 a súa primeira longametraxe como protagonista El Cuarto de Mona, dirixida por Darío Autrán, co que repite en 2022 na longametraxe El Tirabeque.
LETICIA IGLESIAS
O Carballiño
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, Master en Periodismo Audiovisual por el IEPA-CES y Especialista en Economía y Finanzas polo Instituto de Empresa. Tras pasar por Radio Galega, TVE-Galicia e Expansión TV, chegou a CNN+ en 2004 na sección de economía, compaxinando a redacció_n coa presentación de Globoeconomía, programa da CNN en Español para Latinoamérica. En 2005 incorporouse á edición de tarde-noite dos informativos de CNN+ como presentadora. Entre 2011 e 2014 presentou o informativo matinal de Telecinco para Mediaset España. Ata 2017 foi directora de Comunicación de Coca-Cola en España, para regresar a Telecinco e a seu informativo Telecinco Matinal.