Corpus Christi

(Boze cialo)

JAN KOMASA | Polonia-Francia | 2019 | Drama

Categorías: Sección Oficial
Día: 26.09.2020 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 29.09.2020 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 01.10.2020 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella

SINOPSE

A historia de Daniel, de 20 anos de idade, quen experimenta unha transformación espiritual mentres vive nun Centro de Detención Xuvenil. Quere ser sacerdote, pero isto é imposible debido aos seus antecedentes penais. Cando é enviado a traballar a un taller de carpintería nunha pequena cidade, á súa chegada vístese de sacerdote e faise cargo accidentalmente da parroquia local.

Ficha técnica

Director: Jan Komasa

Guión: Mateusz Pacewicz

Música: Evgueni Galperine, Sacha Galperine, Youli Galperine

Fotografía: Piotr Sobociński jr

Montaxe:  Przemysław Chruscielewski

Intérpretes: Eliza Rycembel, Tomasz Zietek, Jan Hrynkiewicz, Leszek Lichota, Łukasz Simlat

Duración: 116 min.

Produtores: Leszek Bodzak, Aneta Cebula-Hickinbotham, Krzysztof Rak

Produción: Aurum Film, Canal+ Polska, WFS Walter Film Studio, Les Contes Modernes

Distribución en España/Distribution in Spain: Surtsey Films

Sobre o director

Jan Komasa (Poznan/Polonia, 1981)

Director, guionista e produtor coñecido ata o de agora por dirixir “Habitación de suicidio” (2011) e “Varsovia 44” (2014). Os seus traballos foron premiados nos grandes festivais do mundo:  Tribeca, Berlín,  Cannes e  Venecia. Cando tiña 21 anos dirixiu a súa curtametraxe “Nice To See  You” (2003) que gañou o terceiro premio no Festival de Cannes. Escribiu o guión da súa primeira longametraxe “Suicide  Room” en 2008, dirixiu a película en 2009 e estreouna no Festival de Cinema de Berlín en 2011.  Despois realizou  unha longametraxe máis e traballos para teatro e televisión. “Corpus Christi” estreouse en 2019.

FILMOGRAFÍA 

 2019 Corpus Christi

 2016 Mary Komasa: Lost Me (curta/corto/short)

 2014 Varsovia 1944

 2014 Powstanie Warszawskie (documental/documentary)

2011 Habitación de suicidio

2007 Splyw (documental/documentary)

2004 Fajnie, ze jestes (curta/corto/short)

Galería

Outras obras desta categoría