Fas Muvis

Fas Muvis. Límite 48h

Categorías:   Sección Fas Muvis
Compartir:

Ficha técnica

FAS MUVIS. LÍMITE 48 H.

Unha das novidades nesta edición do OUFF é o concurso FAS MUVIS. LÍMITE 48 H. Trátase dunha proba por equipos para a realización dunha peza audiovisual dunha duración determinada e durante un tempo limitado.

O proxecto proposto polos participantes deberá estar relacionado coa cidade de Ourense e destacar os valores arquitectónicos, sociais, históricos, etnográficos ou naturais de Ourense e a súa contorna. A peza deberá ter unha duración mínima de 3 minutos e máxima de 10. Cada equipo terá un máximo de 48 horas para realizar as gravacións.

A obra poderá ser ficción, documental ou publirreportaxe e un corenta por cento dela deberá estar rodada nos exteriores da cidade. Terá que estar narrada en lingua galega e de ter diálogos serán en galego.

Un xurado será o encargado de xulgar os traballos e conceder dous premios, un primeiro de 600 euros e un segundo de 200, para as obras que representen mellor os valores da cidade de Ourense, teñan unha mellor calidade no desenvolvemento do relato, unha mellor calidade técnica e se adapte ás bases do concurso.


Outras obras desta categoría