La trinchera infinita

The endless trench

JON GARAÑO, AITOR ARREGI, JOSE MARI GOENAGA | España | 2019 | 140'

Categorías: Sección Oficial
Día: 05.10.2019 |
Horario: 20:30h |
Lugar: Cines Pontevella
La trinchera infinita
Compartir:

Ficha técnica

DIRECTORES: Jon Garaño, Aitor Arregi, José Mari Goenaga
GUIÓN: Luiso Berdejo, José Mari Goenaga
MÚSICA: Pascal Gaigne
FOTOGRAFÍA: Javier Agirre Erauso
INTÉRPRETES: Antonio de la Torre, Belén Cuesta, José Manuel Poga,  Vicente Vergara, José María del Castillo, Carlos Bernardino
DURACIÓN: 140 minutos
PRODUTORES: Xabier Berzosa, Olmo Figueredo González-Quevedo, Iñaki Gómez, Birgit Kemner, Miguel Menéndez de Zubillaga, Íñigo Obeso
PRODUCIÓN: Irusoin, Moriarti Produkzioak, La Trinchera Film AIE, La Claqueta
DISTRIBUCIÓN EN ESPAÑA: Entertainment One – eOne Films Spain

Higinio e Rosa levan poucos meses casados cando estala a Guerra Civil e a vida del pasa a estar seriamente ameazada. Coa axuda da súa muller decidirá utilizar un buraco cavado na súa propia casa como agocho provisional. O medo ás posibles represalias así como o amor que senten o un polo outro condenaralles a un peche que se prolongará durante máis de 30 anos.

Sobre el director

JOSE MARI GOENAGA. Director de cinema, guionista e produtor vasco. Ademais de curtametraxes  coescribiu e codirixiu unha longametraxe de animación, “Supertramps” e o documental Lucio (codirixido xunto a Aitor Arregi). No ano 2014 a película “Loreak” (codirixida tamén xunto ao seu socio Jon Garaño), estreouse na sección oficial do Festival de Cinema de San Sebastián, sendo a primeira película rodada integramente en eúscaro que competía na devandita sección. Representou a España nos premios Óscar de 2015.

AITOR ARREGIAitor Arregi escribiu e dirixiu varias curtametraxes que foron premiados en numerosos festivais. Tamén codirixiu as longametraxes de animación e as longametraxes documentais “Sahara maratón” e “Lucio”. Foi tamén  coguionista de “ Loreak” e “ Handia”, sendo co-director desta última (Premio Especial do Xurado e Premio Irizar no Festival de Cinema de San Sebastián, gañadora de 10 Goyas e 13 nomeamentos en 2018).

JON GARAÑO. Traballou como director, produtor e guionista en numerosos proxectos audiovisuais. As súas curtametraxes foron galardoadas en máis de 100 ocasións e os seus documentais para televisión foron emitidos en máis dunha quincena de países. Coescribiu e codirixiu as longametraxes “80  egunean”, “Loreak” e “Handia”.

JOSE MARI GOENAGA
 2019:  La trinchera infinita
2019:  Mateoren Ama (curta) 
 2016:  Renovable (curta) 
 2014:  Loreak 
 2011: Lagun mina (Amigo íntimo) (curta) 
 2010: 80 egunean 
 2007: Lucio (documental) 
 2005: Sintonía (curta) 
 2004: Supertramps 
 2002: Tercero B (curta) 
 2000: Compartiendo Glenda (curta)

AITOR ARREGUI
2019: La trinchera infinita  
2019:  Mateoren Ama (curta)
 2017: Handia 
 2014:  Zarautzen erosi zuen (curta) 
 2007: Lucio (documental) 
 2006: Cristóbal Molón 
 2004: Wide Angle (serie documental) 
 2004:  Glup, una aventura sin desperdicio 
 2004: Sahara Marathon (documental)

JON GARAÑO
 2019: La trinchera infinita  
 2017: Handia 
 2016: Renovable (curta) 
 2014: Loreak 
 2011: La casa del nazareno (curta documental) 
 2011: Urrezko Eraztuna (curta) 
 2010: El método Julio (curta documental) 
 2010: 80 egunean 
 2010: Perurena 
 2009: Asämara (curta documental) 
 2008: I On the Line (curta) 
 2008: FGM (corto documental) 
 2006: Miramar Street (curta) 
 2005: The Dragon House (documental para TV) 
 2004: Wide Angle (serie documental) 
 2004: Sahara Marathon (documental) 
 2001: Despedida (curta)

Galería

Otras obras de esta categoría