Los girasoles ciegos

JOSE LUIS CUERDA | España | 2008 | Drama

Día: 30.09.2020 |
Horario: 20:30h |
Lugar: Teatro Principal
Los girasoles ciegos
Entrada gratuita

SINOPSE

Ourense, 1940. Cada vez que Elena Vadillo pecha con medo a porta da casa, pasa a chave dos seus segredos. O seu marido, Ricardo, ameazado pola persecución ideolóxica, leva anos agochado no piso onde viven cos seus fillos, Elenita e Lorenzo. Salvador, un diácono desorientado tras a súa loita na fronte, ensina na escola onde Lorenzo estuda e comeza a perseguir a Elena, á que cre viúva.

Ficha técnica

Director: José Luis Cuerda

Guionistas: José Luis Cuerda , Rafael Azcona (Novela: “Los girasoles ciegos”, de Alberto Méndez)

Música: Lucio Godoy

Fotografía: Hans Burmann

Montaxe: Nacho Ruiz Capillas

Intérpretes: Maribel Verdú, Javier Cámara, Raúl Arévalo, Irene Escolar, Martiño Rivas, José Ángel Egido, Santi Prego, Ricardo de Barreiro, Xosé Manuel Olveira

Duración: 95 minutos 

Produtores: Fernando Bovaira, José Luis Cuerda, Emiliano Otegui Piedra

Produción: Sogecine, Produccions A Modiño, EOPC, Producciones Labarouta

Premios

  • 2008: Premio Goya. Mellor guión adaptado
  • 2008: Festival de Cine español de Nantes (Francia). Mención Especial do Xurado

Sobre o director

José Luis Cuerda Martínez (Albacete, 1947 – Madrid, 4 de febreiro de 2020)

Director, guionista e produtor de cine español. Unha figura clave do cine español no século XX e principios do XXI, xa que dirixiu filmes como “La lengua de las mariposas”, unha adaptación dunha historia de Manuel Rivas; “O bosque animado”, versión da novela de Wenceslao Fernández Flórez, e a triloxía do “surruralismo”, composta por “Total”, “Amanece que non hai pouco” e “Así en el cielo como en la tierra”, que é , segundo o propio Cuerda, “un xiro da realidade que segue a ser realidade”.

Galería