Pasaporte galego. Un dos nosos: Luis Tosar

ISABEL BLANCO | Galicia | 70'

Categorías: Sesións Especiais
Día: 28.09.2019 |
Horario: 17:30h |
Lugar: Teatro Principal
Pasaporte galego. Un dos nosos: Luis Tosar
Compartir:
Entrada gratuita

Da man da súa compañeira de Mareas Vivas, Isabel Blanco, Luis Tosar decide facer unha excepción para Pasaporte Galego, mostrando por primeira vez na televisión, a súa cara máis íntima e persoal. Contaranos como foron os seus inicios en Lugo, como era aquela vida dun rapaz con aldea, os veráns en Xustás con seus pais, cales eran as súas afeccións e súas inquedanzas, quen eran os seus amigos. Ao tempo saberemos como Tosar foi evolucionando como actor autodidacta ata converterse no que hoxe é: un dos actores máis respectados e queridos dentro e fóra das nosas fronteiras.