Regreso a Hope Gap

WILLIAM NICHOLSON | Reino Unido | 2019 | Drama

Categorías: Sección Oficial
Día: 26.09.2020 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 28.09.2020 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 30.09.2020 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella

SINOPSE

Edward toma a decisión de deixar a súa muller Grace tras 29 anos de matrimonio. A partir deste intre, cada un deles, á súa maneira, buscará a forma de refacer a súa vida nun pequeno pobo costeiro preto dos cantís de Hope Gap.

Ficha técnica

Director: William Nicholson

Guión: William Nicholson 

Música: Alex Heffes

Fotografía: Anna Valdez-Hanks

Montaxe: Pia Di Ciaula

Intérpretes: Annette Bening, Bill Nighy, Josh O’Connor, Aiysha Hart, Nicholas Burns

Duración:  100 min.

Produtores: David M. Thompson, Sarada McDermott

Produción: Origin Pictures, Protagonist, Sampsonic Media

Distribución en España: A Contracorriente Films

Premios

2020 BCN Film Fest:

Mellor película

Mellor actor Josh O’Connor


Sobre o director

William Nicholson (Sussex/Reino Unido, 1948)

Director, guionista, dramaturgo e novelista gañador do BAFTA e dúas veces nomeado ao Oscar, coñecido por ser o autor dos guións de “Gladiator” ou “Les Miserables”. Na BBC Television traballou como cineasta documental. Alí, a súa ambición de escribir, dirixida primeiro a novelas, canalizouse cara ao drama televisivo. Entre as súas obras de televisión inclúense “Shadowlands” e “Life Story”, gañadoras do premio BAFTA ao mellor drama de televisión. Foi nomeado ao Oscar para o guión da versión en pantalla de “Shadowlands” (Tierra de penumbra”), dirixida por Richard Attenborough e protagonizada por Anthony Hopkins e Debra Winger.

FILMOGRAFÍA

2019 Regreso a Hope Gap

2009 Strife (curta/corto/short) 

1997 A la luz del fuego

Galería