Vivere

FRANCESCA ARCHIBUGI | Italia | 2019 | Drama

Categorías: Sección Oficial
Día: 27.09.2020 |
Horario: 22:00h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 29.09.2020 |
Horario: 19:30h |
Lugar: Cines Pontevella
Día: 01.10.2020 |
Horario: 17:00h |
Lugar: Cines Pontevella
VIVERE-OUFF

SINOPSE

Luca Deberre é un xornalista independente que loita tódolos días por ver publicados os seus artigos no xornal. Diso depende que poida manter a Susi, unha bailarina que ensina a bailar a mulleres con sobrepeso e a Lucilla, a súa calada e imaxinativa filla de seis anos con asma. A súa única axuda é proporcionada por Pierpaolo, un fillo de 17 anos que Luca tivo nunha relación anterior e que vive coa súa nai e o seu avó, un importante avogado.

Ficha técnica

Directora: Francesca Archibugi

Guión: Francesca Archibugi, Francesco Piccolo, Paolo Virzì

Música: Battista Lena

Fotografía: Kika Ungaro

Montaxe: Esmeralda Calabria

Intérpretes: Micaela Ramazzotti, Adriano Giannini, Massimo Ghini, Marcello Fonte, Andrea Calligari, Roisin O’Donovan

Duración: 103 min.

Produtor: Marco Belardi

Produción:  Lotus Production, RAI Cinema, 3 Marys Entertainment

Sobre o director

Francesca-Archibugi

Francesca Archibugi (Roma,1960)

Directora e guionista italiana que se graduou en Dirección de cine no Centro Sperimentale Cinematografía de Roma. De 1980 a 1983 dirixiu varias curtametraxes. O seu debut na longametraxe chegou con “Mignon Has Come to Stay” de 1988, un amargo retrato familiar que examina as primeiras experiencias e decepcións do amor adolescente. A película gañou 5 premios David di Donatello.

FILMOGRAFÍA 

 2020 Vivere

2017 Gli sdraiati

 2015 El nombre del bambino

 2009 Questione di cuore

 2007 Lezioni di volo

2001 Domani

 1998 L’albero delle pere

1994 Con los ojos cerrados

 1993 La gran calabaza

 1990 Verso sera

 1988 Mignon è partita

Outras obras desta categoría