O programa do Ourense Film Festival conta con proxeccións de pago, outras gratuítas e varias con invitación.

Proxeccións de pago

As entradas para asistir ás películas a competición da Sección Oficial e dos ciclos Vaca Films, Inédito en Ourense e Cinema e Auga teñen un prezo de 4 euros. Poden adquirirse no propio Centro Comercial Ponte Vella o mesmo día da proxección de 16:30 a 22:30 horas.

A recadación total do ciclo Cinema e Auga será doada a Unicef, como parte dun convenio para facilitar acceso a auga potable en lugares desfavorecidos.

O OUFF pon á venda tamén bonos de 10 películas a un prezo de 30 euros cada un. Están dispoñibles na caseta que o festival ten na rúa do Paseo, á altura do Centro Cultural Anxo Valente, en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Proxeccións gratuítas

Os ciclos Retrospectiva de cinema mexicano, Sesións Especiais, Panorama Galicia, OUFF Transmedia e a proxección de “Sea Beasts” (en Sección Oficial pero fóra de concurso), así como os pases de OUFF En Curto, teñen entrada gratuíta. Pode recollerse desde dúas horas antes da proxección no Teatro Principal, e desde media hora antes no Cineclube Padre Feijoo.

Con invitación

As cerimonias de inauguración e clausura, así como as sesións de Cinema Familiar, teñen lugar no Auditorio Municipal con invitación.

Podes consultar a programación completa aquí.