• Esta edición contará con dúas categorías: xeneral e escolas, dirixida a alumnos de FP e de Bacharelato

  • A peza poderá ser ficción, documental, promocional ou unha reportaxe

  • Os equipos poderán estar formados por un máximo de cinco persoas

Tras o éxito da convocatoria do pasado ano, Fas Muvis. Límite 48 horas volve á 24 edición do Ourense Film Festival. Trátase dun concurso destinado a crear unha peza audiovisual nun tempo limitado e cun equipo formado por cinco membros. A cada un dos equipos asígnaselle un orzamento para que poidan xestionar toda a produción, que debe ser rodada e estar relacionada coa cidade de Ourense.

Este ano como novidade aparece a categoría de Fas Muvis Escolas, destinada a mozas de entre 16 e 22 anos que cursen estudos de FP ou de Bacharelato. Os 10 equipos seleccionados terán 48 horas para realizar a rodaxe, que comezará o venres 27 de setembro e finalizará o domingo, 29. Despois, haberá un prazo de tres días para a montaxe. Concederase un premio de 600€ para o primeiro clasificado e de 200€ para o segundo en categoría xeral e un premio de 400€ para Fas Muvis Escolas.

Toda a información e as bases completas aquí.