PRESIDENTE

ALFONSO ZARAUZA (Santiago de Compostela/A Coruña)

Director, guionista e produtor de cinema. Iniciouse no mundo da curtametraxe a principios dos anos noventa e chegou a escribir e dirixir nesa década seis curtametraxes. No 2002 funda en Madrid xunto a Harold Sánchez a produtora madrileña Iroko Films coa que fan oito longas. No 2006 escribe o guión de “La noche que dejó de llover” polo que recibe un premio no LALIFF en Los Angeles (EEUU). Ao ano seguinte convirtese en película. Recibe o premio ao mellor director no festival de Viña del Mar (Chile) e os Mestre Mateo á mellor dirección, guión e película. No 2013 filma a súa terceira longametraxe “Os fenómenos” protagonizada por Lola Dueñas e Luis Tosar. Obtén seis premios entre eles o premio do xurado en Bruselas. No 2015 dirixe a longametraxe documental “A viaxe dos Chévere”. En 2019 filma a súa quinta longametraxe “Ons” da que tamén é produtor e coa que recibe nove premios Mestre Mateo entre eles mellor película. No 2021 estrena no Ourense Film Festival a súa sexta longametraxe titulada “Malencolía”, que dirixe e produce, e que recibiu execuo o premio Xacobeo.

 


FRANK SPANO (Venezuela)

Cineasta desde hai 25 anos na industria audiovisual internacional con 6 películas de longametraxe como guionista, produtor e director. Cun Máster en Teatro Latinoamericano, Máster en guión e dirección desenvolveu unha carreira como showrunner nos últimos 7 anos nos distintos mercados internacionais como Marchei Du Filme, Foro San Sebastian, Bogotá Audiovisual Market, AFM e MAFIZ. Dentro do seu filmografía destacada atópase: “Hora menos” (2011) a súa ópera prima; coprodución Venezuela/ Brasil/España participou na sección oficial do Festival de Málaga 2011, e gañadora de 3 premios en festivais internacionais. “Hidden” (2016) coprodución Panamá/ Venezuela é a súa longametraxe documental de deporte de acción gañadora do premio Hollywood International Independent Documentary Award en 2016. “Humanpersons” (2018) coprodución Panamá/Brasil/España un thriller drama sobre o tráfico de órganos humanos e foi filmado en Estados Unidos, Panamá e Colombia. Actualmente terminou o drama psicolóxico e longametraxe “Gauguin y el canal” (2022).

 


MARTA VILLAR (Vigo/Pontevedra)

Licenciada en Artes Aplicadas na Especialidade de Decoración no Colexio Mestre Mateo de Santiago en 1981. Posgrao en arquitectura de interiores pola Universidade da Coruña 1993-1994. Traballa como directora de arte en cine e televisión desde 1986. É membro da CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais) e da Academia Galega do Audiovisual. Foi galardoada co Premio de Honra Fernando Rey 2017 pola súa traxectoria profesional. Entre os seus traballos premiados destacan “A Salgadura”, telefilme polo que recibiu o Mestre Mateo 2013 á mellor dirección artística e “Entre Bateas”, Jorge Coira. Mellor dirección artística nos Mestre Mateo 2002. Traballou na dirección artística de películas e series como: “Migas de pan” (2015), de Manane Rodríguez; “Anos Despois” (2010), de Laura Galdós Velo; “Os mortos van á presa” (2008), de Ángel De La Cruz ou “Rías Baixas” (2001).

 


DAVID BONNEVILLE (Oporto/Portugal)

Realizador e guionista portuense. A súa primeira longametraxe “O último baño” foi triplemente premiada pola Academia Portuguesa de Cinema (equivalente aos Goya), gañando o Premio Sophia de Mellor Filme, o Premio Sophia de Mellor Argumento Orixinal e o Premio Sophia de Mellor Dirección Artística. Bonneville é licenciado en son e imaxe e formado en realización. Concluíu a maestría en guión en Londres, onde traballou na BCC. Iniciou a súa carreira como asistente de Douglas Gordon e Manoel de Oliveira, e despois realizou diversas curta-metraxes que estreáronse en festivais como Locarno, Guadalajara ou SXSW, e obtiveron máis de 40 premios.

 


BELÉN MACÍAS (Tarragona)

Belén Macías nace en Tarragona y cursa estudios superiores en Madrid. Obtiene la Licenciatura de Ciencias de la Información en la Universidad Complutense y se diploma en la Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD) en la rama de interpretación. Estudió guion de cine en la Escuela de Cine de San Antonio de los Baños en Cuba.

Trabaja como guionista para diferentes series y programas de televisión. Dirige teatro (El Balcón de Jean Genet, El Monje, La boda y El Aniversario de Antón Chejov, La cantante calva, de Ionesco…) y publicidad.

En televisión, como directora, trabaja en las series: “Un lugar en el mundo” para Antena 3. “La Señora”, “14 de Abril, La República”, “Víctor Ros” y “Fugitiva” para TVE, “Hospital Central” “El Don de Alba” para Tele 5.
Las tv-movies: “La Atlántida”, “El Monstruo del pozo”, “Juegos de familia” para la FORTA.
Las miniseries “La Princesa de Éboli” o “Historias Robadas” para Antena 3… Actualmente graba “Madres. Amor y vida” para Mediaset y Amazon.
En cine, dirige los cortometrajes “El Puzzle” y “Mala Espina”, que reciben más de setenta premios nacionales e internacionales, además de nominaciones como el Goya al Mejor Cortometraje.
Su primer largometraje “El patio de mi cárcel” producido por El Deseo y seleccionado a concurso en el festival de San Sebastián obtuvo varios premios nacionales e internacionales y estuvo nominado a 4 premios Goya. Su segundo largometraje “Marsella” producido por Tornasol ha obtenido dos nominaciones a los premios Goya y diversos premios.
Actualmente ac su tercer largometraje “Verano en rojo”.