MARIA BARDEM

Presidenta do xurado

Leva toda a vida traballando como script/supervisora de continuidade no medio audiovisual. Aprendeu o oficio co seu pai, Juan Antonio Bardem (director, guionista e produtor), traballando en todas as súas películas, documentais e series a partir de “A ponte”, así como con outros moitos directores: “El día de la bestia” (Alex de la Iglesia, 1995), “Mortadelo y Filemón” (Miguel Bardem, 2007), “ Ma ma” (Xulio Medem 2015); series como “Cuentame” (2008) ou “Gran reserva” (2008-2011) e TV movies. Desde 2009 consolida o seu labor docente en importantes escolas de cinema como Ecam, Tai ou Instituto do Cinema. É Academica das Artes e as Ciencias Cinematográficas desde 2017.

VIRGINIA YAGÜE

Virginia Yagüe conta cunha dilatada traxectoria profesional como guionista de cinema e televisión. En cinema, gañou a Biznaga de Ouro do Festival de Málaga 2012 polo guión da longametraxe “ Els Nens Salvatges”, a súa terceira película despois de “Para que no me olvides” e a súa participación nos filmes grupales “En el mundoo, a cada momento”, “Ellas son África” e “Yo decido. El tren de la liberdad”. Actualmente vicepresidenta de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais).

EDUARDO GALÁN

É historiador cinematográfico, crítico de cine e autor dunha decena de libros. Na Televisión de Galicia foi guionista e director de varios programas sobre audiovisual- Luces da cidade, Ventá aberta ou Dezine-, traballando tamén no departamento de autopromocións e sendo responsable das coproducións (1992-1994) e da programación cinematográfica da TVG (1989- 2018), ademáis de ocuparse da Dirección de Programación da canle autonómica entre 2005 e 2009.

JON GOITIA

Jon Goitia, nacido en Donostia-San Sebastián, é un profesional da imaxe dedicado ao cinema e á publicidade. Isto permitiulle traballar en Groenlandia, Polonia ou Nova York. Desenvolveu a súa carreira sempre no departamento de cámara en documentais como “Next Stop Greenland” (Lara Izagirre, 2012), “Bihar dok 13” (Aitor Bereziartua, Ander Iriarte, 2018) e películas como “Handia” (Aitor Arregi, Jon Garaño 2017) ou “Ocho apellidos vascos” (Emilio Martinez Lázaro, 2014).

LAIA MARULL

En 1993 Lluís Pasqual dirixiu “Roberto Zucco”, de Koltés, no que foi o debut profesional xunto a Eduard Fernández. Desde entón, máis de 20 películas e outras tantas obras de teatro. En televisión, recentemente foi “ Juana la Loca” en “Carlos, Rey Emperador”. É a única intérprete (actor ou actriz) que gañou tres premios Goya nas tres categorías -Revelación por “ Fugitivas”, Secundario por “ Pa Negre” e protagonista por “Te doy mis ojos”-, pola que obtivo outros trece premios, entre eles a Concha de Plata no Festival de San Sebastián. Os seus traballos máis recentes en cinema son “Brava”, de Roser Aguilar, e “La inocencia”, opera prima de Lucía Alemany.