Galego  |  Español  |  English
BENVIDA 2010
      LOGO_chapeu_150.gif2010 CELEBRANDO O 15 ANIVERSARIO

  A 15 edición do Festival de Cine Internacional de Ourense celebrarase do 1 ao 9 de Outubro do 2010

Isabel.gif
Isabel Pérez González

A Ourense gústalle o cine. As películas e os cines. Incríbel é a sensación de estarmos nun espazo pechado, experimentando sensacións e sentimentos diferentes xunto a descoñecidos que tamén se están emocionando e gozando, baixo a protección da escuridade da sala. Grazas ao cine podemos trasladarnos á antiga Grecia e sermos Ulises na procura da nosa Ítaca ou viaxarmos ao futuro para comprobarmos que xa todo estaba inventado. Nun cine compartimos o amor e a amizade e son para as cidades espazos de referencia e memoria histórica...
 
 
  Baltar.jpg

 
 Nicanor-6 copy.gif
Enrique Nicanor

Veñan e suban a bordo deste barco fellinesco que é o Festival de Ourense para navegar polo bon cine, polo sorprendente Ourense e  para disfrutar das súas augas termais, dos seus viños e saudabeis comidas. Fagan amigos e co-produzan todo o que poidan.
 
A nave vai... se todos soplan e reman na mesma dirección.
 

 

 

  

Benvida  da Presidenta do Consorcio
 

Isabel.gif

Arranca unha nova andaina

A Ourense gústalle o cine. As películas e os cines. Incríbel é a sensación de estarmos nun espazo pechado, experimentando sensacións e sentimentos diferentes xunto a descoñecidos que tamén se están emocionando e gozando, baixo a protección da escuridade da sala. Grazas ao cine podemos trasladarnos á antiga Grecia e sermos Ulises na procura da nosa Ítaca ou viaxarmos ao futuro para comprobarmos que xa todo estaba inventado. Nun cine compartimos o amor e a amizade e son para as cidades espazos de referencia e memoria histórica. Desde as sesións continuas do Principal e o cine ao ar libre Airiños até os cines de barrio. As salas, que xa non existen mais acompañaron xeracións de ourensáns, forman parte das nosas vidas: o Losada, o Avenida, o Xesteira, o Mary, o Yago na Ponte ou a sala parroquial de Fátima. O Cine Club Padre Feijoó. E os máis recentes Pequeno Cine, Novo Cine, Dúplex ou Box. Nos cines choramos, rimos, sufrimos e gozamos, puxémonos de parte do protagonista ou solidarizámonos cos máis débiles.
Eis a razón pola que manter a maxia do cine e reivindicar a súa función cultural e social. Eis a necesidade dun Festival de Cine en Ourense.
Mais un festival de cine cumpre hoxe unha outra función: serve para colocarnos no mundo. Nun mundo en continua transformación, Ourense debe buscar o seu lugar, chegando ao universal desde a nosa idiosincrasia. E así, guiados por un principio de diversidade, de creatividade e innovación, nesta nova edición quixemos lanzar unha mensaxe global que obtivo resposta. Nos vindeiros días producións galegas convivirán en Ourense con outras procedentes de todas as partes do planeta. Historias inéditas das que é todo un luxo podermos gozar.
O Festival de Cine Internacional de Ourense será, ademais, a primeira cita no calendario galego. Un Festival xerador de riqueza cultural e económica, que só florece grazas ao impulso da educación e as industrias culturais. Esa é a maxia desta sétima arte.
Que Ourense goce do cine, do bo cine, do tradicional e comercial, do alternativo e independente, do cine de animación e das novas expresións audiovisuais... Ese é o meu desexo.
Convídovos a pasar e ver.


Isabel Pérez González
Concelleira de Cultura
Presidenta do Consorcio do Festival de Cine Internacional de Ourense                                                            <<voltar arriba

 

 

 

Benvida do Presidente da Deputación

Baltar.jpgO Festival  de Cine Internacional de Ourense retorna un ano máis ao seu encontro co público e co sector do audiovisual, co desexo de ser un elemento expresivo da vida do audiovisual galego, por certo un dos sectores con maior crecemento dentro da nosa comunidade autónoma, ademais de incorporar notables referencias da producción cinematográfica nacional e internacional.

Xa consolidado, nos últimos anos o festival parece querer tomar diferentes rumbos que deben definirse de maneira sólida.

En todo caso, a constancia no apoio e respaldo desta importante iniciativa cultural dende a Deputación provincial de Ourense – nos últimos dous anos incrementamos a nosa aportación nun 50 por cento- segue a ser un compromiso co desexo de que sexa un dos elementos máis destacados do outono na nosa cidade, marcado pola calidade dos traballos que acoden a él e pola profesionalidade dos seus responsables técnicos.

Unha vez máis, a Deputación séntese honrada en apoiar e participar nesta iniciativa co desexo de que o amplo e variado programa de actividades preparado para esta edición sexa do agrado da inmensa maioría dos ourensáns.

José Luís Baltar Pumar
Presidente de la Diputación de Ourense                                                                                                        <<voltar arriba
 
 

 
 
 
 
 
 

Nicanor-6 copy.gifE a nave vai... si todos soplamos e remamos na mesma dirección.

Co meu nomeamento en  2007, o   Consello Rector do Festival  integrado polo Concello de Ourense ea Deputación, expresaron a súa vontade de daren un xiro profesional ao Festival que servise non só a Ourense como celebración da arte cinematográfica, senón tamén a toda Galicia e a todos os profesionais como ferramenta para o desenvolvemento do cinema e do audiovisual galegos, decididamente insertados no panorama europeo e internacional.

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral de Medios de Comunicación, sempre contribuíron á consolidacion desta iniciativa de desenvolvemento cultural, profesional e industrial do mesmo xeito que o Instituto de las Ciencias a das Artes Audioviuais do Ministerio de Cultura de España. 

Para facer do Festival unha ferramenta de desenvolvemento cultural e industirial como temos plantexado  e como se reclama desde a U.E. necesitamos que todas as institucións sigan remando na misma dirección. Xuntas todas co mesmo obxetivo.


A ninguén lle escapa que, a ambición deste pequeno Festival de Ourense que de súpeto pretende navegar, como a grande nave de Fellini, nas augas mudantes e complexas do audiovisual internacional pode ser desmedida.
 
Por eso, de momento,  a nosa proposta  é a de un Festival sinxelo, ainda que sempre  cumpra oc obxetivo  primordial de facer un  Festival que desenvolva a cultura e a industria audiovisual ofrecendo ao público o máis notable do cine ao que non ten acceso ao lungo do ano e dar a oportunidade aos profesionais de xuntarse cos creadores de oturas latitudes para falar, discutir e disfrutar das películas máis novedosas e controvertidas dos 4 puntos cardinais facendo do Festival un lugar de encontro  no que galegos, europeos, latinoamericanos e profesionais do mundo podamos celebrar obradoiros, charlas e conferencias cos mási notables creadores e expertos do audiovisual internacional.

A Selección Oficial, tanto a competitiva como a temática paralela, toda unha celebración da creatividade que a Unión Europea proclama este 2009 declarándoo Ano Europeo da Creatividade e a Innovación.

Para quen vén desde outras culturas, o noso agasallo é Panorama Galiza, a mostra paralela que exhibe o máis innovador do cinema e audiovisual galegos.

E para o noso público de Ourense e Galiza, que disfruten dunha extraordinaria selección de filmes  que expresan o valor e riqueza da diversidade cultural de razas, de linguas e de xénero, que sen dúbida algunha é a mellor contribución dos cineastas para que as diversas culturas do mundo se comprendan entre si e compartan as súas preocupacións, devezos e emocións máis aló das fronteiras.
 
A nosa inmensa gratitude aos directores, produtores, actores, técnicos e distribuidores de todo o mundo que tan xenerosamente contribuíron enviándonos os seus traballos. Sen eles sería imposíbel esta edición.
 
Súbanse todos a este barco Fellinesco que é o Festival de Ourense, público, profesionais e responsables das distintas administracións , para navegar polo bon cine e por Ourense disfrutando das súas augas termais, dos seus viños e saudabeis comidas. Fagan amigos e co-produzan todo o que poidan.
 
A nave vai... si todos soplamos e remamos na misma dirección.
 
Enrique Nicanor
Director del Festival de Cine Internacional de Ourense                                                                                           <<voltar arriba
      
Ler máis...
 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008