A cidade de Ourense foi fundada polos romanos, que a chamaron Aqua Aurente (Augas de Ouro o Augas Douradas), de onde provén o seu topónimo actual.
Capital da provincia do mesmo nome, Ourense está situada ao noroeste da Península Ibérica, na Comunidade Autónoma de Galicia, fronteriza con Portugal.
Cuns 110.796 habitantes, posee unha riqueza histórica singular polas súas raíces romanas e medievais.
Ponte do Milenio
Fundada nas ribeiras do río Miño, Ourense é cruzada por varias pontes. A máis recente é a Puente do Milenio, construida en 2000.
A súa ponte principal é a Ponte Vella, asentada sobre restos dunha anterior romana, cuxa estrutura medieval consérvase a día de hoxe.
A abundancia de mananciais de augas termais deu orixe ao núcleo da cidade. A fonte das Burgas, situada en pleno casco histórico, é a máis coñecida e tradicional; as súas augas terapéuticas xorden a unha temperatura de máis de 70º. As devanditas cualidades deron lugar á existencia de diversos balnearios na cidade e nos seus redores.
< Vídeo: Festa do Festival nas Termas de Outariz
A catedral, de finais do Románico e comezos do Gótico, posee un Pórtico do Paraíso (s. XIII) que é unha versión do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e que sorprende pola súa excelente conservación que aínda permite ver a policromía orixinal das súas figuras.
Nos últimos anos a rehabilitación do casco histórico e a dotación de novas infraestruturas están a conseguir que a cidade recupere as súas raíces arquitectónicas e as súas tradicións.
O proxecto de renovación do convento de San Francisco (s. XIV) e do seu entorno, coa construción do novo Auditorio Municipal que serve de sé ao Festival de Cine, é símbolo do novo espírito de innovación, modernidade y respecto polas tradicións da cidade de Ourense.
OURENSE, A PROVINCIA
A provincia de Ourense é un extraordinario catálogo de paisaxes naturais, sementadas de pequenas e medianas aldeas que conservan o encanto orixinal dunha personalísima cultura agrícola y gandeira que conta cun patrimonio arquitectónico de máis de 750 igrexas, mosteiros, santuarios, capelas y ermidas que mesturan os seus estilos románicos e medievais.
A Ribeira Sacra, a poucos kilómetros da capital, é unha das paraxes máis notables de toda a peculiar xeografía galega, onde unha multitude de pequenos mosteiros repártense como un rosario ao longo do escarpado canón creado polo río Sil, onde os romanos iniciaron o cultivo en terrazas dunha das mellores variedades de viños de Galicia.
Polas súas extrardinarias paisaxes, Ourense foi marco de moitas producións cinematográficas. A súa luz sempre cambiante e os seus verdes montes y chairas foron inspiración para a fotografía e escenario cheo de suxerencias para directores e produtores.
COMUNICACIÓNS
Ourense é un nó ferroviario comunicado con toda a península. O traxecto ferroviario Madrid-Ourense é de 5 horas (450 km).
A rede de autopistas e estradas permite acceder a Ourense dende as principais cidades de España e Portugal.
Ourense conta nas súas proximidades cos aeroportos de Santiago de Compostela (a 150 km) e de Vigo (a 100 km). En Portugal, o Aeroporto Internacional d'O Porto (a 200 km) ten conexións moi económicas con resto das cidades europeas.
UNIVERSIDADE
Ourense conta cun campus universitario que dota á cidade dun público xove e entusiasta que asiste e participa activamente nas múltiples actividades do Festival.
ALOXAMENTO
Para o aloxamento de los visitantes, a cidade posee unha ampla gama de hoteis e de habitacións de diferentes categorías.
O FESTIVAL
O Festival de Cine Internacional de Ourense é o máis antigo e principal evento cinematográfico para a industria audiovisual de Galicia pola súa capacidade de convocatoria internacional.