|
PREMIOS
Os
premios das seccións oficiais serán outorgados polos
seus xurados, designados pola organización. Os galardóns
non poderán quedar desertos nin concederse ex-aequo.
Os
xurados de longametraxes e curtametraxes non poderán outorgar
máis de dous premios á mesma película.
O
xurado de documentais non poderá outorgar máis dun
premio á mesma película.
Os premios do público
serán concedidos polos espectadores, que votarán tras
as proxeccións.
As decisións dos xurados e do
público serán inapelábeis.
Os premios do
15 Festival serán os seguintes:
LONGAMETRAXES
DE FICCIÓN
-
Gran Premio Calpurnia á
Mellor Película: 15.000.- Euros
-
Premio
do Público á Mellor Película: 5.000.- Euros
-
Premio
“Carlos Velo” ao Mellor Director: 4.000.- Euros
-
Premio
Especial do Xurado: 3.000.- Euros
-
Premio
“Cidade de A Coruña” ao Mellor Guión: 2.000.-
Euros
-
Premio
á Mellor Actriz: 1.500.- Euros
-
Premio
ao Mellor Actor: 1.500.- Euros
DOCUMENTAIS
-
Gran Premio Calpurnia ao Mellor
Documental: 5 000.- Euros
- Premio do Público ao Mellor Dcumental: 2.000.- Euros
-
Premio
“Cidade de Vigo” ao Mellor Director: 2.000.- Euros
-
Premio
á Identidade / Diversidade Cultural (*): 2.000.- Euros
(*)
Ao documental que mellor exprese os valores da identidade cultural
propia, a diversidade e a comprensión entre culturas
CURTAMETRAXES
DE FICCIÓN
-
Gran Premio Calpurnia á
Mellor Curtametraxe: 5.000.- Euros
-
Premio
del Público á Mellor Curtametraxe: 2.000.- Euros
-
Premio
ao Mellor Director: 2.000.- Euros
-
Premio
á Mellor Actriz: 1.000.- Euros
-
Premio
ao Mellor Actor: 1.000.- Euros
ANIMACIÓN
NOVOS
MEDIA
(*) Ás producións
audiovisuais, instalacións, creacións de video-arte,
filmes para móbeis, TDT, etc. de calquera duración que,
empregando formatos e técnicas non tradicionais, exploren
novos xeitos de creación e comunicación
PREMIO EIXO ATLÁNTICO
(*) Ao mellor filme producido en
Galiza ou Portugal de calquera das categorías anteriores.
PREMIO
HOMENAXE “TODA UNHA VIDA” Á TRAXECTORIA
PROFESIONAL
O
Festival, se o estima oportuno, poderá otorgar un premio /
homenaxe a un/ha profesional das áreas artística ou
técnica que dedicase a súa vida ao cinema e/ou ao
audiovisual.
REPARTO ECONÓMICO DOS PREMIOS
LONGAMETRAXES
DE FICCIÓN
•
Os 15.000 Euros do Gran Premio Calpurnia á Mellor Película
repartiranse do seguinte xeito: 50% para a empresa produtora e 50%
para a empresa distribuidora que demostre ter adquirido, con
anterioridade á data de inicio do Festival, os dereitos de
exhibición cinematográfica do filme para o territorio
español. En caso de non existir distribuidora en España,
repartiranse ao 50% entre a empresa produtora e o director/a.
•
Os 5.000 Euros do Premio do Público á Mellor Película
repartiranse do seguinte xeito: 50% para a empresa produtora e 50%
para a empresa distribuidora que demostre ter adquirido, con
anterioridade á data de inicio do Festival, os dereitos de
exhibición cinematográfica do filme no territorio
español. En caso de non existir distribuidora en España,
repartiranse ao 50% entre a empresa produtora e o director/a.
•
Os 4.000 Euros do Premio "Carlos Velo" ao Mellor Director
entregaranse integramente ao director/a do filme.
• Os
3.000 Euros do Premio Especial do Xurado repartiranse do seguinte
xeito: 50% para a empresa produtora e 50% para a empresa
distribuidora que demostre ter adquirido, con anterioridade á
data de inicio do Festival, os dereitos de exhibición
cinematográfica do filme no territorio español. En caso
de non existir distribuidora en España, repartiranse ao 50%
entre a empresa produtora e o director/a.
• Os 2.000 Euros
do Premio “Cidade de A Coruña” ao Mellor Guión
entregaranse integramente ao guionista do filme.
• Os
1.500 Euros do Premio á Mellor Actriz entregaranse
integramente á súa gañadora.
• Os
1.500 Euros do Premio ao Mellor Actor entregaranse integramente ao
seu gañador.
DOCUMENTAIS
•
Os 5.000 Euros do Gran Premio Calpurnia ao Mellor Documental
repartiranse do seguinte xeito: 50% para a empresa produtora e 50%
para o director/a.
•
Os 2.000 Euros do Premio do Público ao Mellor Documental
repartiranse do seguinte xeito: 50% para a empresa produtora e 50%
para o director/a.
• Os 2.000 Euros do Premio “Cidade de
Vigo” ao Mellor Director entregaranse integramente ao
director/a.
• Os 2.000 Euros do Premio á Identidade /
Diversidade Cultural repartiranse do seguinte xeito: 50% para a
empresa produtora e 50% para o director/a.
CURTAMETRAXES
DE FICCIÓN
•
Os 5.000 Euros do Gran Premio Calpurnia á Mellor Curtametraxe
repartiranse do seguinte xeito: 50% para a empresa produtora e 50%
para o director/a.
• Os 2.000 Euros do Premio do Público
á Mellor Curtametraxe repartiranse do seguinte xeito: 50% para
a empresa produtora e 50% para o director/a.
• Os 2.000
Euros do Premio ao Mellor Director entregaranse integramente ao
director/a.
• Os 1.000 Euros do Premio á Mellor
Actriz entregaranse integramente á súa gañadora.
•
Os 1.000 Euros do Premio ao Mellor Actor entregaranse integramente ao
seu gañador.
ANIMACIÓN
•
Os 5.000 Euros del Premio á Mellor Película de
Animación repartiranse do seguinte xeito: 50% para a empresa
produtora e 50% para o director/a.
NOVOS
MEDIA
•
Os 2.500 Euros do Premio á Innovación en Novos Media
entregaranse integramente ao autor/a ou director/a da obra
audiovisual.
EIXO
ATLÁNTICO
•
Os 3.000 Euros do Premio "Eixo Atlántico" á
mellor película producida en Galiza ou Portugal repartiranse
do seguinte xeito: 50% para a empresa produtora e 50% para o
director/a.
|