Galego  |  Español  |  English
O Festival de Cine Internacional de Ourense

Audiotrio_1.gif

Auditorio Municipal de Ourense, sé do Festival

Descubrindo  e promocionando as produccións máis innovadoras e controvertidas.

O Festival de Cine Internacional de Ourense presenta anualmente unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galiza, Europa, América Latina e de todo o mundo entre longametraxes de ficción, documentais de creación, curtametraxes e novos media que representan máis de 80 países distintos.


Plataforma de  desenvolvemento e promoción do cine e audiovisuais independentes.

Definido como plataforma de actividade para o desenvolvemento e promoción do cine e audiovisuais independentes, o Festival de Cine Internacional de Ourense pon o seu acento en tres obxectivos:

3 Obxectivos:

1.- Dar visibilidade, servindo como plataforma promocional ante o público e os profesionais, ás obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e controvertidas producidas en Galiza e en todo o mundo, que contribúan ao entendemento mutuo de todas as culturas.

2.- Servir como punto de encontro en Galiza entre Europa, Iberoamérica e o resto do mundo, para a formación, desenvolvemento, coprodución e distribución do audiovisual galego e internacional.

3.- Servir como plataforma de traballo para o desenvolvemento e difusión da cinematografía e o audiovisual de ámbito galego / lusófono con proxección europea e internacional.


img02.jpg

Impacto do Festival

O Festival de Cine Internacional de Ourense é un dos máis relevantes eventos cinematográficos que se celebra en Galiza e colócase durante a súa celebración no primeiro plano da actualidade cultural de Galiza e dos medios de comunicación.

 

 

img01.jpg

Masterclasses, programas de formación profesional e mercado

O impacto do Festival non só se debe ás proxeccións dos filmes da competición, senón tamén á participación de destacados expertos que se dan cita nas mesas de debate adicadas á formación, coprodución e mercado. Espazos deseñados para a reflexión e impulso da actividade cultural / industrial do audiovisual.

 


Novos media e novas tecnoloxías experimentais

O Festival non só ofrece un momento estelar de promoción e visibilidade ás longametraxes, senón tamén a documentais, curtametraxes e, a partir do ano 2008, aos “novos media”, acollendo as obras máis controvertidas realizadas polas novas xeracións de creadores que incorporan o uso das novas tecnoloxías.


Ourense punto de encontro audiovisual e termal en Galiza, de Europa, América Latina e moito máis...

Ourense, durante o Festival, é un punto de encontro cinematográfico internacional que permite participar ao público e aos profesionais nas iniciativas de creación e difusión de novos proxectos e na xestación do propio festival como ferramenta e motor da arte e da industria audiovisual de Galiza, de Europa, América Latina e moito máis...  

OUFF09-black.jpg
No 2010 celebramos
o 15 ANIVERSARIO
DO FESTIVAL
Laurel_15_100.gif
____________________________
LOGO2009_gray.jpg
2009 celebrando a
CREATIVIDADE e a INNOVACIÓN

Enlaces:
Cultura_blue.gif turismodeourense_english.gif deputacion.gif
index-cent_cultural.gif
principal_white.gif
logo_univ_ourense.jpgpontevella_black.jpg
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Política de privacidade  |  Termos de uso  |  Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008