| Termos de uso |
|
Copyright Todo o contido da páxina web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE (www.ouff.org) e o acrónimo OUFF (Ourense Film Festival) están baixo o copyright do CONSORCIO DO FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE, unha entidade legal baixo xurisdición española composta polo Concello de Ourense, a Deputación de Ourense e/ou outros autores e entidades. Os presentes termos e condicións só se aplican ao contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE; outro contido diferente, coma os logos de “powered by”, debería ser manifesto ou identificarse. Tan só as páxinas web coa licencia e aviso de copyright longo que inclúa “Este material distribuirase” están cubertas na licencia de publicación do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE de abaixo. As distintas páxinas web están cubertas pola protección normal de copyright e non poderán reproducirse ou distribuirse sen autorización previa. Algunhas partes da Licencia de Publicación Aberta se empregaron na Licencia de Publicación do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE.
O contido da páxina web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE pode distribuirse na súa totalidade ou en parte, a través de calquera soporte físico ou electrónico, sempre que se respecten os termos desta licencia ou ben se amose na reprodución esta licencia ou se inclúa unha incorporación por referencia a ela. Os logotipos gráficos están suxeitos ás restricións específicas adicionais que se describirán máis adiante. A forma axeitada de facer unha incorporación por referencia é a seguinte: Copyright © 2008 FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Este material só se poderá distribuir de acordo cos termos e condicións expostos en http://www.ouff.org/terms.htm. As condicións serán susceptibles de modificarse. A distribución estará suxeita ás condicións en vigor nun determinado momento, definido este por unha copia electrónica ou impresa datada e verificable de http://www.ouff.org/terms.html, ou ben á decisión do distribuidor. Está prohibida a distribución de versións substancialmente modificadas do contido da web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE sen a autorización explícita do Director / Xerente do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Está prohibida a distribución ou os derivados do traballo -na súa totalidade ou en parte- con intención comercial sen a autorización previa do Director / Xerente do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Está permitida a súa distribución para uso interno da empresa e para acceso público ou privado sen ánimo de lucro sempre que se respecten estas condicións. www.ouff.org é un sitio web que contén varios documentos HTML (páxinas web), documentos de texto, scripts executables e outros compoñentes. As páxinas web e contidos web visualizables poderán imprimirse e polo tanto fotocopiarse, sempre que as copias que ocupen máis dunha páxina física se traten como unha unidade indivisible e se manteñan intactos nas páxinas físicas os termos de uso, licencias e avisos de copyright. As páxinas web de www.ouff.org soen conter cabeceiras, pés e asistentes de navegación que non teñen máis valor que o de comprender os contidos da páxina. As ligazóns e elementos estándar da páxina poderán quitarse dos contidos da páxina final sempre que se manteñan o aviso de copyright e a referencia de licencia coa información de contacto. Aos contidos da páxina única poderaselles cambiar o formato e usalos noutros medios. Os contidos da páxina única poderán agregarse sempre que cada sección (unha páxina ou grupo de páxinas web do mesmo subdirectorio) inclúa unha URL (ligazón de traballo para documentos electrónicos) distinta que se refira á páxina orixinal ou á súa localización no directorio. Cada grupo deberá incluir polo menos un aviso de copyright e unha referencia de licencia nun lugar destacado. Para esta licencia, a agregación implica a inclusión do contido da páxina web única que proveña de dous ou máis páxinas web nun único documento ou arquivo (p. ex., HTML, XML, PDF). Algunhas páxinas web ou documentos de texto amosados no sitio web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non conteñen o aviso de copyright ou referencia de licencia. De usárense xunto con outro material do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE que conteña un ou máis avisos de copyright ou referencias de licencia que sen dúbida formen parte do contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non se precisarán máis avisos de copyright ou referencias de licencia. Se o texto do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE ou outras páxinas que carezan de aviso de copyright ou referencia de licencia se usan por separado ou de xeito que poidan confundirse co material procedente doutras fontes, o distribuidor deberá engadir ao devandito material o aviso de copyright e a referencia de licencia do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. O sitio web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE inclúe o código fonte para programas ou scripts executables. Normalmente estes teñen o seu propio aviso de copyright cunha breve licencia que consinte as modificacións. Calquera pode optar por aproveitar esta licencia máis liberal que pertence aos devanditos programas e scripts. Certos programas e scripts aparecen como exemplos dentro das páxinas web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE, ou aparecerán enlazados a arquivos de texto sen o aviso de copyright e a licencia específicos do código fonte. Ao comezo de cada código fonte terá que engadirse o seguinte texto, e o código pasará a utilizarse de acordo cos seguintes termos e condicións: “Copyright 2008 FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Calquera pode usar ou modificar este código para calquera propósito, a condición de que o aviso de copyright permaneza intacto e sen cambios namentres sexa derivado de xeito recoñecible do devandito código. Non se expresa nin se supón ningunha garantía de ningún tipo”. Estas condicións non se aplicarán nin acompañarán aos scripts CGI e demais programas que se executen desde a páxina web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE, que se expoñan temporalmente ou sen querer durante o acceso á web ou que se obteñan por medio dun erro ou ruptura na seguridade do sitio web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Todos os scripts que vaian estar dispoñibles como fonte aberta aparecerán nunha páxina web que se copiará a un arquivo non executable con extensión “.txt”, e se enlazarán dende unha o máis páxinas web. O sitio web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE inclúe un logotipo gráfico único. O arquivo gráfico favicon.ico é unha forma simplificada do logotipo e poderá usarse como icono no navegador ou como acceso directo no escritorio para referirse a www.ouff.org. Polo demais, o logotipo do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non poderá copiarse, distribuirse, modificarse ou utilizarse excepto tal e como aparece nas páxinas web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE ás que pertence. O logotipo deberá aparecer nas impresións e fotocopias da páxina web orixinal do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Se se copian ou se accede á páxina web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE desde outro sitio web, as páxinas terán que usarse tal e como aparecen no sitio do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE, e todas as ligazóns que non sean locais do sitio reflectido se axustarán para que enlacen de novo ás páxinas orixinais de ww.ouff.org. (Se no novo servidor e plataforma web o “powered by” e os gráficos non son do contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE, poderán modificarse se fai falla sempre que nos substitutos se manteñan o tamaño aproximado e as proporcións.) Se o contido da páxina web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE se utiliza noutro sitio web e a páxina completa non é unha réplica exacta do orixinal, esta deberá comezar cunha ligazón á páxina web orixinal www.ouff.org. Non poderá empregar o logo nin ligazóns nin contidos da zona de navegación que estean separados do contido da páxina única. O contido textual deberá permanecer sen cambios, aínda que poida modificarse o formato. O aviso de copyright e a referencia de licencia deberán aparecer na súa totalidade e con ligazóns. As ligazóns a páxinas externas alteradas ou que xa non estean dispoñibles poderán actualizarse ou eliminarse segundo conveña. Se o sitio web ww.ouff.org desaparece, todas as ligazóns a www.ouff.org requeridos por esta licencia xa non serían necesarios. O contido do sitio web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE poderá aparecer en calquera buscador web, agás se é excluido por /robots.txt. Se o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE ingresa nunha base de datos non comercial ou noutro mecanismo que amose páxinas web non completas, p. ex. o contido único sen os compoñentes e asistentes de navegación, cada visualización deberá incluir o aviso de copyright completo e a referencia de licencia. A súa distribución ou o seu uso comercial, p. ex. en bases de datos suxeitas a pago, ou o seu uso en libros impresos comerciais require a autorización previa por escrito do Director / Xerente do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE baixo as condicións que se determinarán no momento de conceder a autorización. O uso comercial inclúe calquera exhibición do contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE no que a persona ou organización que o amose reciba unha compensación económica pola devandita exhibición, o que inclúe especificamente ás páxinas web con anuncios. Promovemos as ligazóns ao sitio web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE mais prohibimos o uso do noso logotipo gráfico sen a nosa autorización previa por escrito.
A Licencia de Publicación do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non permite ningunha modificación substancial sen a autorización previa por escrito de Enrique Nicanor. As condicións se discutirían unha vez concedida a autorización. Permítense os cambios de formato e a eliminación dos gráficos e asistentes de navegación mencionados anteriormente, e incluso as correccións ortográficas ou tipográficas. As modificacións substanciais inclúen calquera cambio de significado pola inclusión ou eliminación de contido. Permítense as traducións, aínda que o aviso de copyright e a referencia de licencia deben manterse en inglés e/ou en castelán e tamén traducirse ao mesmo idioma que o contido. As citas selectivas no contexto dunha crítica ou reseña non se consideran unha modificación e están permitidas. A Licencia de Publicación do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE pode usarse como modelo para outras licencias abertas de contido, sen necesidade de atribuilo ou incorporar o aviso de copyright e a referencia de licencia. De usárense extractosns extensos da licencia, agradeceriamos unha mención nalgún lugar dos seus termos de uso ou do seu sitio web. Non é necesario incluir ningunha referencia ao FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE nun aviso de copyright ou nunha referencia de licencia modificados.
De agregarse o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE xunto con outras obras, cada sección individual que teña contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE debe incluir o aviso de copyright e a referencia de licencia completos, con ligazóns en formato electrónico. O material de cada páxina ou grupo de páxinas web que proceda dun directorio debe empezar cunha URL que indique a súa ubicación orixinal. Ao comezo de cada obra colectiva débese incluir unha sección destacada na que se recoñeza o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Se a obra está en CD-ROM ou noutro soporte electrónico sen conexión a internet pero as páxinas son réplicas visuais das páxinas web orixinais do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE, deberá incluirse o logotipo gráfico nos soportes, poñendo sempre un aviso claro e separado de que a este logotipo se lle aplican as restricións adicionais xa mencionadas anteriormente. O copyright e a licencia do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non se aplicarán ao resto de contidos da obra colectiva. Mentres que o autor dunha obra colectiva ten dereito ao copyright da devandita obra, o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non poderá incluirse en ningunha obra colectiva na que o autor colectivo vaia usar o seu copyright colectivo para impedir a copia do contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE de acordo con estes termos. O copyright do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE cobre todo o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE alí onde apareza, e só a Licencia de Publicación do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE limitará o uso ou a copia do devandito contido. O contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE non se poderá incluir en ningunha obra conxunta que inclúa calquera forma de protección de copias, tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais, marcas ou tecnoloxía destinada a rastrexar o uso ou dificultar o acceso ao contido.
O contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE está autorizado e distribuido “como está” sen ningún tipo de garantía, explícita ou implícita, incluíndo e sen limitarse ás garantías implícitas de comercialización e idoneidade para uso particular ou á garantía de non violación.
Calquera persoa ou organización que reproduza ou distribúa o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE violando as condicións desta licencia perderá calquera futuro dereito a exhibir o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE baixo as condicións desta licencia.
Como con calquera outro material con copyright, aplicaranse excepcións de uso xusto aínda que estas adoiten estar suxeitas a discusión. Se ten calquera dúbida sobre se a súa utilización prevista está cuberta polo uso xusto, obteña a autorización para o devandito uso. Namentres o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE empregado sexa menos de tres parágrafos seguidos ou dunha páxina enteira (500 palabras) e sempre que se inclúa a debida atribución, non é necesario incluir o aviso de copyright e a referencia de licencia. Poderá utilizarse máis contido non consecutivo se está debidamente atribuido no contexto dunha reseña ou crítica.
Se calquera parte desta licencia non é executable nalgunha xurisdición, as cláusulas restantes desta licencia seguirán en vigor.
Para a súa información, no FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE agradeceriamos o aviso de distribución do noso contido máis aló que a uns poucos receptores, especialmente onde non tivesemos constanza do devandito uso, coma nunha empresa. Agradeceriamos unha copia gratuita de calquera obra, física ou electrónica, na que o contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE consistúa algo máis que un fragmento menor do contido e da que se faga unha cantidade significativa de copias. FIN. Esta liña é o final da Licencia de Publicación do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE.
Os usuarios da páxina web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE están autorizados a acceder á información da devandita web a través de protocolos HTTP o HTTPS desde navegadores de internet ou outro software ou hardware que inclúa a navegación para o usuario final ou o acceso ao contido da web como parte da súa funcionalidade básica. Os usuarios accederán á páxina a través de servidores DNS ou direccións IP. Os usuarios poderán utilizar calquera URL para acceder á páxina www.ouff.org ou a outra forma web directamente derivada do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Os usuarios poderán utilizar ligazóns desde outras páxinas web ou recibidos por e-mail desde outros usuarios para acceder ao contido do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Se os nosos asistentes de navegación non satisfacen as súas necesidades, os usuarios poderán acortar as URLs eliminando información de procura, nomes de documentos HTML ou nomes de directorios inferiores para atopar máis información xeral. Calquera outro intento de conseguir información ou acceso aos computadores de www.ouff.org está prohibido. Están permitidos os servizos de procura pública (catalogación de webs) que respecten as restricións especificadas en /robots.txt e limiten as taxas de recuperación. Está prohibido calquera outro script, robot ou acceso programado ou autómata, a menos que se solicite autorización previa e esta se conceda. Está prohibido calquera intento de acceder a arquivos ou directorios non autorizados, ou de obter información para interromper servizos, para crear unha cantidade significativa de mensaxes de erro ou entradas nos arquivos de rexistro ou para provocar o erro de programas ou de seguridade introducindo información inválida ou fraudulenta na web, construindo URLs que non sexan válidas ou transmitindo aos computadores do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE calquera tipo de dato que cause tal efecto. Está prohibido o uso de calquera protocolo distinto de HTTP o HTTPS. Está prohibida a transmisión intencionada de paquetes IP corruptos ou non válidos a ww.ouff.org. Está prohibido o uso de ferramentas de escaneado de portos ou calquera outro hardware ou software deseñado para obter información sobre os nosos computadores ou a nosa rede que non apareza na nosa páxina web. A detección de calquera tipo de actividade prohibida se interpretará como un intento de violación e terá como resultado o acceso bloqueado.
Copyright © 2008 FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Este material só se poderá distribuir de acordo cos termos e condicións expostos en http://www.ouff.org/terms.htm. As condicións serán susceptibles de modificarse. A distribución estará suxeita ás condicións en vigor nun determinado momento, definido este por unha copia electrónica ou impresa datada e verificable de http://www.ouff.org/terms.html, ou ben á decisión do distribuidor. Está prohibida a distribución de versións substancialmente modificadas do contido da web do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE sen a autorización explícita do Director / Xerente do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Está prohibida a distribución ou os derivados do traballo -na súa totalidade ou en parte- con intención comercial sen a autorización previa do Director / Xerente do FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. Está permitida a súa distribución para uso interno da empresa e para acceso público ou privado sen ánimo de lucro sempre que se respecten estas condicións. |
| Política de privacidade | Termos de uso | Festival de Cine Internacional de Ourense Copyright © 2008 |