O 22º OUFF acollerá o III Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galicia

O 22º OUFF acollerá o III Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galicia
12/09/2017 AndreaOUFF

O 22º OUFF acollerá o III Encontro Profesional de Coprodución Portugal-Galicia, promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en colaboración co portugués Instituto do Cinema e Audiovisual (ICA).

Esta iniciativa vai dirixida a aquelas empresas produtoras con interese en establecer contacto directo con posibles socios estratéxicos na coprodución de proxectos audiovisuais para cine e televisión (ficción, animación, documental, programas…), co obxectivo de aumentar as oportunidades de financiamento, favorecer o intercambio de profesionais técnicos e artísticos e abrir novas canles de distribución e difusión.

O encontro celebrarase o sábado 21 de outubro, a partir das 10:00 horas no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carbajal, 5). Tras a rolda de reunións individuais terá lugar un cóctel-xantar nese mesmo espazo.

As produtoras que acudan con proxecto en desenvolvemento terán a oportunidade de facer unha presentación e participar en reunións bilaterais previamente concertadas. Precísase, polo tanto, cumprimentar o formulario que se xunta con esta convocatoria, de cara a elaborar un dossier e intercambiar a información entre ambas partes para faciltar a organización das axendas.

O prazo para confirmar a participación e inscribir os proxectos está aberto ata o día 3 de outubro de 2017.

Formulario inscrición