O director Héctor Fáver presentará o filme Lesa Humanitat ante o alumnado da Universidade de Vigo

O director Héctor Fáver presentará o filme Lesa Humanitat ante o alumnado da Universidade de Vigo
29/09/2017 ouff

Belén Iglesias, Virxilio Viéitez, Jesús Vázquez e Fran Gayo

 

  • Esta colaboración nace froito do convenio firmado polo Concello e a UVigo.

O Concello de Ourense e a Universidade de Vigo asinaron esta mesma mañá un convenio de colaboración para o 22º OUFF, a través do cal se achegará a cultura cinematográfica á mocidade universitaria.

Ademais de formar parte do Xurado Universitario, os matriculados e matriculados na UVigo poderán gozar de descontos ao acudir ás salas do festival pola súa condición de estudantado. O Campus de Ourense acollerá tamén algunha das proxeccións deste OUFF. É o caso de Lesa humanitat,filme do director Héctor Fáver, que estará presente durante a proxección para poder ter unha conversa co público.

Lesa humanitat é unha reflexión sobre a necesidade urxente dunha actuación sobre a Xurisdición Universal que permita actuar onde outras iniciativas fallan. O filme bota unha mirada crítica e persoal sobre diversos feitos históricos do as últimas décadas tomando o franquismo como punto de partida pero remitindo tamén á Segunda Guerra Mundial e o nazismo e deténdose nunha mirada incisiva sobre o peronismo arxentino.

O DIRECTOR: Héctor Fáver. 

Director do Centre d’Estudis Cinematografics de Catalunya (CECC) durante 28 anos. Durante este período no Centro, producíronse once longametraxes realizadas por estudantes e profesores, así como máis de 270 curtametraxes en formato cinematográfico. O total da produción do CECC participou en máis de cen Festivais de Cinema Internacionais.