O OUFF abre o prazo de inscrición de longametraxes a concurso ata o 4 de agosto

O OUFF abre o prazo de inscrición de longametraxes a concurso ata o 4 de agosto
10/04/2017 ouff

O OUFF abre o prazo de inscrición de longametraxes a concurso ata o 4 de agosto

 

  • A dotación económica para os premios do 22OUFF ascende a 30.000 euros, véndose incrementada 10.000 euros con respecto ao ano pasado.
  • A inscrición para a Competencia Iberoamericana e a Competencia de Operas primas será gratuíta e deberá facerse través da web do Festival www.ouff.org
  • O 22ª Festival de Cine Inernacional de Ourense desenvolverase entre os días 20 e 27 de outubro do 2017.

 

O Festival de Cine Internacional de Ourense abre, dende hoxe e ata o próximo 4 de agosto, o prazo de inscrición de longametraxes a concurso para a súa 22ª edición, que terá lugar entre os días 20 e 27 de outubro de 2017.

A organización continúa mantendo as súas dúas competencias dentro da Sección Oficial: unha delas dedicada de modo exclusivo ás óperas primas e unha segunda centrada no cinema iberoamericano. Na Competencia Iberoamericana admitiranse as producións ou coproducións nas que participe algún país iberoamericano da seguinte relación: Arxentina, Brasil, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, O Salvador, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Portugal, República Dominicana, Uruguai e Venezuela. O obxectivo desta competencia será recoller e destacar o amplo e novo espectro de propostas que no campo cinematográfico agora mesmo se realizan nos países anteriormente sinalados. Na Competencia Operas Primas, pola súa banda, admitiranse primeiras longametraxes sen límite de área xeográfica. O obxectivo desta competencia será reivindicar aos novos valores do cinema actual poñendo especial énfase en cineastas novos que traballan desde a independencia.

As obras cinematográficas que se inscriban no certame deberán estar producidas entre 2016 e 2017,  ter unha duración mínima de 60 minutos e non ter sido exhibidas publicamente, emitidas nin editadas comercialmente en España antes das datas do Festival. A inscrición será totalmente gratuíta e deberá levarse a cabo a cabo a través da páxina web do Festival www.ouff.org

Ademais, este ano o OUFF conta cun aumento da dotación económica como unha das principais novidades da edición, chegando ata os 30.000 euros. Repartiranse, deste xeito, os seguintes premios: Calpurnia á Mellor Película da Competencia Iberoamericana (10.000 euros),  Premio “Carlos Velo” á Mellor dirección da Competencia Iberoamericana  (5.000 euros), Calpurnia á Mellor Película da Competencia Operas Primas (10.000 euros) e Premio do Público á Mellor Película das dúas competencias (5.000 euros).

Na última edición do Festival foron premiados filmes como Como me da la gana II (Ignacio Agüero), El limonero real (Gustavo Fontán), Días extraños(Juan Sebastián Quebrada), Hermia & Helena (Matías Piñeiro), Boone(Christopher Lamarca), Las calles (María Aparicio), The Dazzling Light of Sunset (Salomé Jashi) ou Notes on Blindness (Peter Mideleton e James Spinney).

BASES DEL 22 OUFFFORMULARIO DE INSCRIPCIÓN DEL 22 OUFF

 

OUFF Escola

O Festival de Cine Internacional de Ourense continúa formando aos cineastas do futuro. Co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico, a Concellaría de Cultura, Normalización Lingüística e o OUFF, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o VII Certame de Cinema OUFF Escola.

Nel poderá poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2016-2017, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega. A participación, dentro das categorías “Infantil e primaria” e “Outros niveis de ensino non universitario” realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsable do proxecto.

Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición cubrindo e enviando o cuestionario que aparece na sección de OUFF Escola da páxina web do Festival (www.ouff.org) antes do 3 de xullo 2017.