Palmarés 21 Festival de Cine Internacional de Ourense

Palmarés 21 Festival de Cine Internacional de Ourense
04/11/2016 ouff

Palmarés 21 Festival de Cine Internacional de Ourense

O xurado da Competición Iberoamericana da XXI edición do OUFF, formado por Miriam Reyes Cárcamo García, Luis López Carrasco e Manuel Antonio Yáñez Murillo, acordou, despois do visionado das obras a competición na Competición Iberoamericana, outorgar os seguintes premios:

  • MELLOR PELÍCULA: COMO ME DA LA GANA II DE IGNACIO AGÜERO, por explorar o sentido íntimo e ao mesmo tempo universal da expresión cinematográfica. Por reivindicar o valor do interrogante e o extravío na creación e a reflexión ao redor das imaxes.
  • MELLOR DIRECTOR: GUSTAVO FONTÁN por EL LIMONERO REAL, por mergullarnos nunha realidade palpable e á vez alucinada. Polo seu achegamento sensorial ao duelo e á perda desde unha mirada na que coexisten a familiaridade e estrañeza.
  • MELLORES ACTORES: JUAN LUGO QUEBRADA E LUNA ACOSTA POR DÍAS EXTRAÑOS DE JUAN SEBASTIÁN QUEBRADA, por encarnar unha película plena de vitalidade, enerxía, tenrura e conflito.
  • Por último, este xurado acordou realizar unha MENCIÓN ESPECIAL a HERMIA & HELENA DE MATÍAS PIÑEIRO, por capturar a esencia da comedia de Shakespeare nun hábil exercicio de tradución fílmica do seu espírito lúdico e o seu dinamismo escénico.

161104_palmares_06

O xurado da competición Óperas Primas da XXI edición do OUFF, formado por Maialen Beloki Berasategui, Miguel Valverde e Felipe Lage Coro, acordou, despois do visionado das obras a competición na competición Óperas Primas, outorgar o premio:
MELLOR PELÍCULA DA COMPETICIÓN ÓPERAS PRIMAS:
  • BOONE de CHRISTOPHER LAMARCA. Para o xurado os valores de Boone residen na creación dunha experiencia inmersiva e non manipuladora. Continuamente intensa, a película non busca empuxar ao espectador a ningún sitio predeterminado senón integralo na súa contorna. Un necesario cinema de resistencia para un modo de vida de resistencia.
  • Ademais, este xurado acordou realizar unha MENCIÓN ESPECIAL a LAS CALLES de MARÍA APARICIO. O xurado destaca a capacidade seductora dos seus retratos tomados a través do non continuo rexistro documental.

161104_palmares_01

O xurado do Cineclube da XXI edición do OUFF, formado por María Barreiro Muñoz, Laura Iglesias Campos e Mariana Romero González, acordou, despois do visionado das obras a competición na competición Óperas Primas, outorgar o premio:
CINECLUBE PADRE FEIJOO Á MELLOR PELÍCULA DA COMPETICIÓN ÓPERAS PRIMAS:
  • THE DAZZLING LIGHT OF SUNSET, de SALOMÉ JASHI, pola mirada da directora e a dozura coa que amosa a realidade do seu país. Por como mantén activo ao espectador, presentando a información de xeito observacional deixando un campo aberto para que cada un configure a súa propia interpretación. Estamos a falar dun filme que destaca pola súa sinxeleza e ao mesmo tempo pola súa complexidade de estrutura, sendo un gran mosaico que chega á perfección ao xuntarse todas as súas pezas.
  • Ademais, este xurado acordou realizar unha MENCIÓN ESPECIAL a NOTES ON BLINDNESS, de PETER MIDDLETON E JAMES SPINNEY, polo xeito fascinante no que integra os recursos na historia. Pola súa capacidade de sorprender, a súa beleza e o modo no que amosa a madurez que pode chegar a ter unha opera prima.