69 MINUTES OF 86 DAYS

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Egil Håskjold Larsen
MÚSICA:  Bugge Wesseltoft & Audun Sandvik
SON:  Aleksandr Dudarev, Nizam Najar
REPARTO:  Lean Kanjo, Bashar Kanjo, Razan Kanjo, Bisan Kanjo, Ahmad Kanjo, Maher Al kaddour, Sara Al kaddour, Majed Swed, Hamed Swed, Nabij Kanjo, Omaimashoura
FOTOGRAFÍA:  Egil Håskjold Larsen
MONTAXE:  Egil Håskjold Larsen, Victor Kossakovsky
PRODUCIÓN:  Tone Grøttjord-Glenne / Sant&Usant
DISTRIBUCIÓN:  tarkovski films
WEB:   www.taskovskifilms.com

69 MINUTES OF 86 DAYS

69 MINUTOS DE 86 DÍAS
Egil Håskjold Larsen  |  Noruega  |  2017  |  70’

26.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE  | ENTRADAS 
27.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE  | ENTRADAS 

Os ollos de Lean alumean verdade. E Egil Haaskjold Larsen sábeo. Por iso comeza a súa ópera prima rexistrando o arduo traxecto dunha familia que atravesa toda Europa para chegar a Suecia dende o seu país natal, presumiblemente situado no norte de África, e acaba entregando un filme no que a ollada fermosa e pura dunha nena se apodera de todo (espectadores incluídos). Editado por bloques, co plano secuencia e a cámara ao ombreiro (e baixa) por bandeira, Haaskjold foxe do miserabilismo para abrazar a esperanza. O único que se lle esquece é que os ollos de Lean non precisan música.

Enric Albero

Egil Håskjold Larsen

Egil Håskjold Larsen traballou como director de fotografía e cineasta desde que terminou os seus estudos en 2008. Estudou fotografía artística en Turquía e, finalmente, cinema documental en Noruega. En 2016 estreou o seu primeiro documental Ad Astra. 69 Minutes of 86 Days é a súa primeira longametraxe documental.