ABSCHIED VON DEN ELTERN

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Astrid Johanna Ofner, Hans Hurch, Peter Weiss
REPARTO:  Sven Dolinski, Selma Bindewald, Coline Cisar, Anna Conradi, Nora Conradi
FOTOGRAFÍA:  Astrid Johanna Ofner, Peter Roehsler
MONTAXE:  Astrid Johanna Ofner, Marion Kesmaecker, Eva Rammesmayer
PRODUCIÓN:  Astrid Johanna Ofner / Little Magnet Films GmbH, Nanook Film
WEB:  abschied-von-den-eltern.at
CONTACTO:  astridjohanna.ofner@gmail.com

ABSCHIED VON DEN ELTERN

ADEUS AOS PAIS // ADIÓS A LOS PADRES / FAREWELL TO THE PARENTS
Astrid Johanna Ofner  |  Austria  |  2017  |  80’

23.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 
24.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 

“A revelación sempre chega despois, cando todo terminou”, escribe Peter Weiss nunha páxina do seu Adeus aos pais. Vendo o filme de Astrid Ofner -un milagre de precisión e cirurxía sobre o texto-, quedan claros cales son os puntos incandescentes que reverberan sobre a pantalla nunha sorte de après-coup. A familia e o seu peso gravoso, o xudaísmo e a vergoña do nazismo, o desprazamento ao estranxeiro, a soidade, o sentirse fóra de lugar, a sexualidade, a amizade, a vocación artística: a pintura, os libros, a calor e o sentido de liberdade. Todo resoa e conmove.

Rinaldo Censi

Astrid Johanna Ofner

Linz, 1968. Estudou Filosofía na Sorbona, e logo Dirección Cinematográfica e Fotografía. Traballou como actriz e tivo o papel protagonista en Antigone (1991) de Straub e Huillet. Dirixiu curtametraxes como Savannah Bay (1989), Ins leere (1993) ou Sag é mir dienstag (2007).