.

FICHA TÉCNICA

ARTE:  Carolina Lett
MÚSICA:  Sergio Moure
SON:  Jose Romel Tuñón
FOTOGRAFÍA:  Nicolás Wong
MONTAXE:  Mauricio Lenz
PRODUCIÓN:  Adriana Álvarez, Natalia Arias, Julio Hernández y Nicolás Wong
DISTRIBUCIÓN: De Raíz Producciones
CONTACTO: adriana.aodio@gmail.com

ATRÁS HAY RELÁMPAGOS

ATRÁS HAI LÓSTREGOS / LIGHTNING FALLS BEHIND
Julio Hernández Cordón  |  Costa Rica, México |  2017  |  88’

22.10 | 19:30 | TEATRO PRINCIPAL | ENTRADAS  
23.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 

Bicicletas e luces. Esa secuencia. Ten o anxo que se lle aparecía a Mike Mills e a Spike Jonze nalgúns clips e a Gus Van Sant nalgunhas películas. Un resplandor poético de xoia xuvenil que explica que a diversión na idade na que non se teñen responsabilidades é boba e é atrevida, é creativa e é feliz, é intranscendente e é bela. Ben, corrixamos: nesa secuencia e nunhas cantas máis (como a da trasnada inicial nos corredores do súper sen ir moi lonxe) Julio Hernández Cordón é testemuña do combate contra o aburrimento duns personaxes que valoran a amizade por riba de todas as cousas, pero que aínda non tomaron conciencia das obrigas (de todo tipo, pero sobre todo morais) de ser adulto. Mesmo cun cadáver de por medio.

Joan Pons

Julio Hernández Cordón

Director e guionista. Estudou Ciencias da Comunicación en Guatemala e Realización Cinematográfica no Centro de Capacitación Cinematográfica en México. Dirixiu Gasolina (2008), Las marimbas del infierno (2010), Hasta el sol tiene manchas (2012), Polvo (2012), Te prometo anarquía (2015) e Atrás hay relámpagos (2017). Actualmente atópase en preprodución da súa seguinte película: Cómprame un revólver.