BARONESA

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Juliana Antunes
MÚSICA:  Musica
SON:  Marcela Santos, Pedro Durães
REPARTO:  Andreia Pereira de Sousa, Leid Ferreia, Felipe Rangel
FOTOGRAFÍA:  Fernanda de Sena
MONTAXE:  Affonso Uchôa, Rita M. Pestana
PRODUCIÓN:  Juliana Antunes, Camila Bahia Braga, Marcella Jacques, Laura Godoy, Fernanda Brescia
DISTRIBUCIÓN:  Ventura, Filmes de Plástico
WEB:  filmesdeplastico.com.br
CONTACTO:  Thiago Macêdo | thiagomcorreia@gmail.com

BARONESA

Juliana Antunes  |  Brasil  |  2017  |  70’

25.10 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE* | ENTRADAS 
26.10 | 17:00 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE  | ENTRADAS 

*Coa presenza de Juliana Antunes (directora)

Baronesa transcorre nun barrio marxinal de Belo Horizonte e segue o día a día de Andreia e Leid. Á primeira véselle traballando, descansando, bañándose, charlando cos seus amigos. A pesar da insólita placidez dos días, hai un fondo violento que axexa: os enfrontamentos de bandas ligadas á venda de drogas preséntense e por veces enúncianse nos diálogos. Así descrito, Baronesa parece ser un filme sombrío. Non o é. A dignidade dos seus personaxes resplandece de principio a fin, e aínda que a austeridade imposta pola propia condición económica se constata plano tras plano, Antunes rexistra instantes de grande fermosura. O lecer dos desposuídos pode incomodar e como tal desentoa coas ideas preconcibidas sobre o dereito ao descanso e a relación do pracer coa riqueza. Hai que imaxinar No cuarto de Vanda, de Costa, pero sen o pesimismo e claustrofobia daquel filme. O vitalismo de Baronesa é case un milagre.

Roger Koza

Juliana Antunes

Nada en 1989 e licenciada en Realización Cinematográfica pola Universidade UNA de Belo Horizonte, Juliana é socia fundadora de Ventura, xunto con Marcella Jacques e Laura Godoy. Baronesa é a súa ópera prima como directora, tras experiencias anteriores como axudante de dirección de importantes películas brasileiras.