BOONE

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: BOONE
Ano: 2016
País: Estados Unidos
Duración: 75′
Dirección: Christopher LaMarca
Música: Steve Waitt 
Montaxe: Katrina Taylor
Produción: Katrina Taylor
Distribución: THE FILM COLLABORATIVE
Web: http://www.thefilmcollaborative.org
Contacto: bryan@thefilmcollaborative.org

BOONE


01.11 | 22:15 | CINES OURENSE PONTEVELLA, GALICINE
02.11 | 17:30 | CINECLUBE PADRE FEIJOO

Daniel Boone foi o pioneiro que no s. XVIII abriu o Wilderness Road, un dos camiños polo que milleiros de colonos expandiron a civilización, a agricultura e a gandería polas terras salvaxes do Oeste norteamericano. Pero Boone non é un biopic daquel lendario explorador, aínda que os tres granxeiros que retrata Christopher Lamarca ben poderían ser os seus afastados descendentes. A beleza deste documental observacional non xorde da aventura da viaxe senón da épica resistente dos que chegaron e deciden quedar, da vérité dos seus xestos cotiáns, da súa profunda relación coa terra e os animais… da súa convencida (e utópica) resistencia ante a explotación extensiva e as leis que a favorecen.

José Manuel López, crítico e docente cinematográfico