COCOTE

FICHA TÉCNICA

GUIÓN:  Nelson Carlo de los Santos
SON:  Nahuel Palenque
REPARTO:  Vicente Santos, Yuberbi de la Rosa, Enerolisa Núñez, Judith Rodríguez Pérez, Pepe Sierra, Ricardo Ariel Toribio
FOTOGRAFÍA:  Roman Kasseroller
MONTAXE:  Nelson Carlo de los Santos Arias
PRODUCIÓN:  Fernando Santos Díaz, Lukas Valenta Rinner / Guasábara Cine, Nabis Filmgroup, Pandora Filmproduktion
DISTRIBUCIÓN: Luxbox
WEB:  www.nabisfilm.com/films

COCOTE

FÓRA DE COMPETICIÓN
Nelson Carlo de los Santos Arias  |  Arxentina, Alemaña, República Dominicana  |  2017  |  72’   

27.10 | 19:30 | CINES OURENSE PONTEVELLA – GALICINE | ENTRADAS 

A viaxe de volta ás súas orixes que emprende Alberto, empregado nunha mansión, permítenos penetrar no ámbito rural da República Dominicana, un escenario que se rexe pola exaltación relixiosa. No medio de rituais próximos ao exorcismo, a cámara parece identificarse coa aprehensión que sente o protagonista, quen cuestiona a súa fe en metade do duelo polo asasinato do seu pai. Tras Santa Teresa y otras historias  (2015), De los Santos volve entrecruzar o documental e a ficción policíaca para compoñer un retrato nacional impresionista no que a cor vai abríndose paso entre o branco e negro, mentres a estratificación de clases e a corrupción fan acto de presenza.

Andrea Morán

Nelson Carlo de los Santos Arias

Nado en Santo Domingo en 1985, Nelson Carlo De Los Santos Arias estudou Cinematografía en Bos Aires e no Edinburgh College of Art, onde comezou a realizar películas experimentais. Máis tarde recibiu o seu MFA en cinema e vídeo en CalArts, onde dirixiu un ensaio para a súa tese, Santa Teresa y otras historias (2015), que gañou o Premio Georges de Beauregard en Marsella e logo foi seleccionado en Toronto. Asinou varias curtametraxes como Le Dernier des bonbons (2011) e Lullabies (2014).